miércoles, 6 de diciembre de 2017

Os trucos de Raúl

O profe Raúl agocha grandes segredos que temos a sorte de que vaia compartindo con nós. Desta vez vainos a ir desvelando o truco para atar os cordóns dunha forma sinxela. Aquí tedes as dúas primeiras afortunadas. A partir de agora, cada día lle tocará a unha parella. Grazas por compartir con nós a túa sabedoría 😉


André e Ana, unha nova historia

Un novo conto de André para nós, acompañado, por suposto, da súa axudante Ana 😉. Esta vez foi a historia: Las pelusas se muda de casa. Coma sempre, un pracer pasar un anaquiño escoitando novas historias.
Grazas e ata a próxima. 

Teatro

Tocou obra de teatro a cargo do pai dun dos compañeiros do cole; que viu moi ben acompañado. A obra trataba de trobadores, cabaleiros e princesas que había que salvar, pero, sobre todo, do rexeitamento á violencia e da amizade. Pasámolo moi ben, e vivimos a historia con total intensidade, como veredes nas nosas caras e nas dificultades para sacar as fotografías sen que saisen movidas. 
Moitas grazas aos actores. Da gusto ter familias tan colaboradoras, que nos agasallan co seu tempo e o seu bo facer.

Charla "Primeiros auxilios"

Un compañeiro da nai de Roque viu a darnos unha charla moi interesante. A través de contos e historias, e de axudantes voluntari@s, aprendemos a importancia e o motivo dalgúns hábitos hixiénicos como: poñer a man diante cando esbirramos ou tusimos e despois lavar as mans, lavar as mans logo de ir ao baño... Así como a importancia de non meter cousas na boca, que facer cando alguén se marea, como actuar se alguén perde o coñecemento, que debemos facer cando un compañeir@ cae no parque ou no patio... e moitas cousas mais. Grazas aos dous, foi estupendo aprender un montón de cousas e dunha maneira tan divertida.