Canicouva

domingo, 8 de febrero de 2026

Cociñando. Madalenas

Xa nos tardaba volver a cociñar. Desta vez fixemos madalenas. Mans lavadas, material colocado e ingredientes revisados segundo a receita. Podemos comezar.

Non pode haber mais motivación nestas propostas, incluso para aqueles e aquelas que despois non se animan a probar. Que mellor práctica dende o punto de vista motor, de atención, paciencia, control de impulsos, planificación e organización e un montón de cousas mais. E que mellor xeito de culminar o traballo que degustar o que nós mesmos fixemos.

Xa estamos a pensar na seguinte receita.  


 

Día da Paz

O 30 de xaneiro é o Día da Paz e nós somámonos as propostas tanto do Equipo de Dinamización da Lingua Galega como as da Biblioteca, pois, como imaxinaredes, o noso ratiño Mik non perde oportunidade para plantexarnos retos e actividades.

A proposta da Biblioteca xiraba arredor da comunicación entre as árbores. Foi así como descubrimos que as raíces dos fungos serven para conectar as das árbores e que é por elas polas que se transmiten información e se axudan compartindo alimentos e CO2. Con toda esta información xa asimilada, comezamos tecendo a nosa propia rede para poder enfrontarnos ao seguinte reto, que consistía en averiguar que medio de comunicación era o mais axeitado para diferentes situacións. Canto aprendimos dos sinais de fume, o silbo da Gomera, os sons das campás e as bengalas mariñas. 




A proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega consistía en colocar dentro dunha nube unha palabra, acción ou imaxe que axudase a crear un clima de Paz na escola. Nós, por suposto, escollemos un corazón, pois xa hai tempo que temos o hábito de adicar un tempiño cada xornada a conectar os nosos corazóns. Práctica que nos axuda a centrarnos, relaxarnos e cohesionar o grupo, ademais de sentirnos e sincronizarnos. Logo fomos a colocalo no espacio preparado para iso e xunto cos demais compañeiros de Infantil conectamos todas as nosas nubes. Que mellor xeito de axudar a crear un clima positivo que conectarnos de corazón a corazón. 








Reis Magos

Ao regereso das vacacións de Nadal, na nosa árbore tiñamos uns agasallos que nos deixaran os Reis Magos. Un para a nosa aula con cousiñas para un dos nosos espazos de xogo e outros dous paquetes para compartir co resto de compañeir@s das outras aulas: unhas táboas e mais ladrillos para construír. Moitas garzas Reis Magos.

Deixamos unhas fotiños do día da estrea na sala de xogos. 




Son elas e eles os que fan as súas propias composicións, engadindo maior ou menos dificultade aos percorridos segundo o consideran, poñendo a proba as súas habilidades, establecéndose retos, comprobando os seus avances... Amosando parte da súa personalidade: as mais arriscadas, os mais conservadores, as dubitativas... E é así tamén como imos vendo os seus avances, e non so motrices. 

jueves, 8 de enero de 2026

Nadal

Un día chegamos á escola e na zona de Infantil aparecera un espazo cunha árbore, un tren, unhas taciñas para o chocolate... Que sorte que as elfas nos fagan estas visitas e nos traian estas sorpresas. 

A árbore tiña algún que outro adorno, pero poucos, porque ben saben as elfas que temos a tradición de decorala con galletas. Así que por uns días todo cheiraba a galletas cociñándose no forno. Gustounos facelas e colgalas e custounos un pouco agardar para levalas e poder comelas, pero que importante é saber agardar. Penso que ata nos souberon mellor. 

Moitas grazas a Vinca pola súa axuda. 








Nadal

Podemos dicir que o Nadal fíxose presente o día 1 de decembro co "Calendariode adviento" da biblioteca; desta vez en forma de casiñas do bosque. Dende ese días alí acudimos cada xornada para descubrir o seu contido. Ás veces información sobre bosques ou lendas e outras diferentes retos. Estade seguros que nos enfrontamos a todos con ilusión e que todos foron superados. 




Creamos unha árbore empregando ramas caídas que fomos a buscar ao patio e que pintamos das cores que decidimos. Tiñamos que imaxinar a árbore mais antiga do mundo e ási foi como pensamos que sería.


 

O reto de cociñar tiñamos que facelo si ou si. E así foi como elaboramos a nosa árbore de tortitas. Houbo que facer a masa, agardar para que o lévedo fixese o seu traballo, cociñalas, montar a árbore e... listas para comer!




Pero ademais do "Calendario de adviento" o noso amiguiño Mik fíxonos dúas propostas mais: construír unha historia empregando unhas imaxes relacionadas co bosque e o inverno, e crear utilizando materiais naturais e recollidos no bosque. Unha maneira estupenda de traballar a creatividade, a competencia lingüística, o traballo en grupo, a resolución de conflitos, o respecto...




O mundo que creamos, xunt@s.



Charco

O noso segundo día de charco foi igual de máxico que o primeiro. Ademais tamén descubrimos os cogomelos que crecían nos troncos e debaixo das follas e a herba.

Felicidade é o sentimento que mellor define estes días. 

Agradecemos á natureza polo que nos aporta e tamén dispoñer dun espazo no que desfrutala.

Grazas a vós familias pola roupa que nos permite saír nestes días e por entender a importancia que teñen estes momentos. 

sábado, 13 de diciembre de 2025

Saída a O Marco

Esta foi a nosa primeira saída. Tivemos a sorte de poder acudir ao Marco a unha proposta chamada Argallar vencellada ao Proxecto Terra, no que Infantil levamos xa varios cursos participando. Unha proposta na que o xogo, os espazos, a arquitectura, as formas... foron os elementos chave.


Logo do tempo se xogo libre e experimentación foi o momento do taller. Aquí tamén o xogo foi un aspecto fundamental, pero guiado por unha persoa experta.
Grazas a ela e a todas as que tan ben nos recibiron polo seu tempo compartido con nós.