E rematou o curso e non o podíamos despedir de mellor forma, facendo realidade un desexo que estaba en nós dende o primeiro día: ir de excursión.
Unha pequena viaxe en autobús, que xa emociona en sí mesma, coller forzas, un pouco de xogo libre no medio da natureza e a despedida aos nosos compañeir@s de 5 anos, que inician unha nova etapa. Boa viaxe!
Grazas a tod@s os que fixéchedes posible que este curso fose, e que os nosos, os vosos pequen@s crecesen sans e o mais felices posibles.
Vémonos pronto. Vivide e soñade ao grande 😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario