E con tanto pintarse, ensaiar, ordes do Meco e demais, hoxe, co despiste, trouxemos os zapatos desparellados. Cousas do Entroido 😉
miércoles, 26 de febrero de 2020
O Meco. Segundo día
Novo día e nova orde. Para poder facer grandes pescudas, unha lupa acompañará aos nosos ollos.
O Meco. Primeiro día
Agora sí que comezou a conta atrás para o gran día. Comezaron os mandatos do Meco. Hoxe toca traer gafas.
martes, 25 de febrero de 2020
Monicreques na escola
E se un día fomos nós ao teatro, ao seguinte viu o teatro a nós. Unha fermosa historia que, como as nosas caras amosan, captou toda a nosa atención.
Grazas a todas esas persoas que coa súa voz e algún outro elemento conseguen transportarnos e lugares máxicos nos que vivir fermosas aventuras. Foi un pracer.
Saída ao teatro
Hoxe toca saída, saída ao teatro. Isto supón dúas emocións; o propio teatro e o autobús.
A espera para que comezase o espectáculo xa nos tardaba con tantas ganas que levábamos, de aí que todas as fotos saian movidas 😂
No patio
Para nós é moi importante e satisfactorio desfrutar do aire libre. Da lugar a infinidade de xogos e descubrimentos, xa sexa tumbarse a ver os avións ou as nubes, buscar insectos, facer carreiras, amontoar follas...
Velaquí algunhas desas imaxes.
domingo, 2 de febrero de 2020
Chocolate
Chegou o día de preparar ese chocolatiño quente para tomar co noso biscoito. Pero non todo foi comer, comprobamos a súa dureza, o seu cheiro, como o leite ía cambiando de cor e espesando, como o aroma se ía estendendo.... E, por suposto, o ben que sabía.
Que ben senta unha cousa tan rica a media mañá, sobre todo cando se participa na súa elaboración e se comparte cos amig@s.
Biscoito de iogur
Esta semana tocou cociña. A idea era tomar un chocolatiño quente, pero primeiro decidimos facer algo para poder mollar. Así que puxémonos mans á obra e elaboramos un riquísimo biscoito de iogur.
Día da Paz
Para conmemorar o Día da Paz, o alumnado de segundo de Primaria preparou para nós unha obra titulada: "Barullo de cans, gatos e ratos", na que nos explicaban a orixe das relacións entre estres tres grupos de animais e a necesidade do diálogo para a resolución de conflitos.
Moitísimas grazas polo seu esforzo e ilusión, unha obra estupenda cun final algo embarullado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)