E un día apareceron elementos novos. Saíron dunha rama enferma dun limoeiro para converterse en todo o que as súas mentes creen.
lunes, 31 de mayo de 2021
Bolboretas
Servíndonos das bolboretas que xa empregáramos noutras actividades e arxila, Rocío axudounos a deixalas marcadas co maior número de detalles. Agora chegará a segunda parte, pintala empregando os pigmentos naturais.
Actividade de igualdade
Grazas as xestións da ANPA puidemos desfrutar dunha actividade sobre igualdade desenvolvida a partir do conto: "Cuentos para antes de despertar".
Grazas á ANPA e á nosa convidada por darnos a oportunidade de poder desfrutar desta actividade. Un momento moi grato no que reflexionar a través das historias sobre o valor da igualdade e o respecto.
martes, 18 de mayo de 2021
Maio. Preparación
Toca comezar a preparar o noso maio, e nós somos os primeiros. Foi unha experiencia moi agradable e para nós a primeira vez, xa que o curso pasado a situación non nos permitiu vivir esta celebración propia da nosa terra.
Grazas a tod@s os que compartíchedes este momento con nós e nos botáchedes unha man: Rocío, Toniño, Rocío, Alfonso, Mariluz e vós familias.
Clicade na imaxePintar
Desta vez decidimos introducir un elemento natural. Que empregamos para confeccionar un utensilio co que aplicar a cor a unhas bolboretas, tema que, como xa sabedes, impregna o noso día a día dende fai xa un tempo. Como di Noa, empregamos "pinceles árbol".
Houbo que probar como manexalo para obter o resultado que buscábamos, descubrindo así diferentes posibilidades.
Clicade na imaxe