Resulta que un día nos chegou unha postal dende París dun amigo do noso Mik, que debeu contarlle que andamos a investigar sobre os Xogos Olímpicos e Paralímpicos. Unha postal escrita en francés, claro, menos mal que algunha mestra do cole domina ese idioma e nos puido axudar.
domingo, 19 de mayo de 2024
Mik e Ratatouille
Maios
Porque cremos nunha escola viva, onde o común teña un lugar importante e no que as nosas raíces nos sirvan de sustento para medrar, conmemoracións como os Maios teñen un día marcado no noso calendario.
Dende a recollida do material, ata a confeción do maio, a preparaciónn das coplas e moito mais van pasando os días, e vai o cheiriño a fiuncho impregnando os nosos sentidos e os nosos recordos.
Temos que agradecervos a vós familias a vosa colaboración, a Toniño o seu traballo, ao alumnado o seu entusiasmo e disposición e a unha man "sabedora" a súa axuda e cariño ano tras ano.
viernes, 17 de mayo de 2024
Violeta as agachadas
Este curso escollimos o fermoso conto de Violeta as agachadas para traballar na aula. Ademais de manipulalo e de lelo en diferentes ocasións e falar del e do seu autor e a súa ilustradora, puidemos xogar de diferentes formas co seu contido e as súas ilustracións a partir de diferentes propostas.
Enredando
Xa sabedes que no noso día a día facemos unha chea de cousas onde o xogo forma parte de maneira indispensable. Desta vez queremos compartir con vós un destes momentos no que o xogo é a base para practicar e desenvolver as nosas destrezas e capacidades. Aquí puxemos en marcha as nosas habilidades espaciais e de orientación, así como a expresión correcta de instrucións para guiar as nosas compañeiras e compañeiros a chegar ao lugar marcado.