jueves, 28 de marzo de 2019
Día da Muller
Este ano, para conmemorar o Día da Muller tivemos a sorte de contar coa colaboración da pintora viguesa Emi Torron. Unha muller forte e optimista que quixo compartir con nós a súa paixón pola pintura. Damoslle, pois, as grazas, pola súa visita e charla co alumnao de 5º e 6º e por prestarnos algunhas das súas obras, cas que fixemos unha exposición. Tamén agradecer, á mestra Beatriz, a elaboración do vídeo sobre a pintora que todos puidemos desfrutar.
O ceo e as súas cores
Aquí tedes unha mostra do ben que está quedando a exposición feita cas fotografías do ceo en diferentes momentos que os nen@s van aportando. De momento o solpor. E tamén algún exemplo de como foron capaces de plasmalo en papel, logo de observar, reflexionar, etc. Porque este tipo de actividades nos axudan a pararnos e observar o que nos rodea, ao tempo que tomar conciencia das sensacións que nos produce.
Traballos na horta
Como ademias de plantar, a horta precisa os seus coidados, alá fomos a sacar malas herbas e regar. Todo mentres estamos en contacto coa natureza e aprendemos un montón de cousas experimentando. Entre elas, que teño que ter conta de como me movo cando teño a mangueira nas mans, porque se non, podo rematar duchando aos demais.
domingo, 17 de marzo de 2019
martes, 5 de marzo de 2019
Festival Entroido
Moitas grazas a todo@s. Ao profesorado, a vós familias, en especial a aquelas que formáchedes parte do festival e, por suposto, a vós, pequenos e pequenas, polo voso entusiasmo, o voso esforzo e a vosa paciencia.
Fixérono fantástico!!! Son fantástic@s!!!!
Filloas
E xa que estábamos co mandil posto, que mellor que aproveitar para cociñar. Como estamos en Entroido non puidemos resistirnos a facer unhas filloas. Desta vez, con xa 5 anos, algúns e algunhas 6, estamos preparad@s para botar a masa con moito tino e agardar para engadirlle o azucre.
Graciñas, como sempre, a Rocío.
Entroido. Cuarta orde do Meco
Nesta última orde, o Meco mandaba traer un mandil. Ao parecer tiña que ver con algo dun galo 🐔
Suscribirse a:
Entradas (Atom)