sábado, 29 de junio de 2024

Saída "Donde viven los cuentos"

Tería que ter sido a saída de despedida deste curso, pero non o foi. Iso si desfrutámola igualmente. Compartimos xogos e aventuras, buscamos flores e herbas aromáticas, pintamos, fixemos perfumes e pan, picamos allo e pirixel, escoitamos un conto, comemos xunt@s...e rimos, e fomos felices, nen@s felices. 

Grazas a Donde viven los cuentos pola acollida e as propostas e grazas por ter podido desfrutar desta oportunidade.



Saía O bosque. Monte vixiador

Este curso investigamos, exploramos, aprendemos...moito sobre o bosque. Isto, unido ao noso gusto polo aire libre e a natureza, facía imprescindible esta saída. Unha saída que serviu tamén para lembrarnos que, ás veces, as cousas non saen á primeira, nin á segunda, e que é necesario aplicar paciencia e non renderse. Quizais o universo sabía que este era o mellor día para esa visita ao bosque, quen sabe.

Foi unha mañá estupenda, na que comezamos por preparar unhas coroas de exploradoras e exploradores do bosque, o que nos levou a diferenciar as follas das árbores que son beneficiosas para o noso bosque e cales non, a buscalas e descubrir polo camiño moitas outras cousas. E logo de decorar e preparar a coroa, alá fomos de expedición na procura de animais, prantas...ou mais ben as pistas que van deixando. 

Moitas grazas a todas e todos os implicados e a ALADOS por ese estupendo acompañamento. 


 

Conto con LSE

Tivemos a sorte de poder desfrutar doutra sesión de conta contos con LSE. Esta vez foi Aránzazu (Zazu) a que compartiu con nós o seu tempo e as súas habilidades. Ademais de ser intérprete en LSE, traballa en AZ lingua de signos nesta mestura de nen@s e LSE, achegando esta lingua aos mais pequenos e enriquecendo o noso mundo con moitos proxectos. 

A verdade é que desfrutamos un montón, mestras incluidas. Moitas grazas a Zazu por visitarnos e agasallarnos con divertidas historias con LSE. Grazas tamén polo que aprendemos as profes 😉