miércoles, 6 de diciembre de 2017

Os trucos de Raúl

O profe Raúl agocha grandes segredos que temos a sorte de que vaia compartindo con nós. Desta vez vainos a ir desvelando o truco para atar os cordóns dunha forma sinxela. Aquí tedes as dúas primeiras afortunadas. A partir de agora, cada día lle tocará a unha parella. Grazas por compartir con nós a túa sabedoría 😉


André e Ana, unha nova historia

Un novo conto de André para nós, acompañado, por suposto, da súa axudante Ana 😉. Esta vez foi a historia: Las pelusas se muda de casa. Coma sempre, un pracer pasar un anaquiño escoitando novas historias.
Grazas e ata a próxima. 

Teatro

Tocou obra de teatro a cargo do pai dun dos compañeiros do cole; que viu moi ben acompañado. A obra trataba de trobadores, cabaleiros e princesas que había que salvar, pero, sobre todo, do rexeitamento á violencia e da amizade. Pasámolo moi ben, e vivimos a historia con total intensidade, como veredes nas nosas caras e nas dificultades para sacar as fotografías sen que saisen movidas. 
Moitas grazas aos actores. Da gusto ter familias tan colaboradoras, que nos agasallan co seu tempo e o seu bo facer.

Charla "Primeiros auxilios"

Un compañeiro da nai de Roque viu a darnos unha charla moi interesante. A través de contos e historias, e de axudantes voluntari@s, aprendemos a importancia e o motivo dalgúns hábitos hixiénicos como: poñer a man diante cando esbirramos ou tusimos e despois lavar as mans, lavar as mans logo de ir ao baño... Así como a importancia de non meter cousas na boca, que facer cando alguén se marea, como actuar se alguén perde o coñecemento, que debemos facer cando un compañeir@ cae no parque ou no patio... e moitas cousas mais. Grazas aos dous, foi estupendo aprender un montón de cousas e dunha maneira tan divertida.

domingo, 26 de noviembre de 2017

Plantando

Hoxe comezamos a nosa plantación de árbores autóctonas: castiñeiros, abeleiras, carballos, loureiros e acivros. Pouco a pouco iremos plantando todas estas sementes, que coidaremos con agarimo ata que poidamos deixalas onde deben estar, nos nosos montes. O noso gran de area para axudar á natureza está en marcha. Grazas a familia de Beltaine por cedernos as sementes e a terra.

Practicando a "suma"

Hoxe comezamos a practicar a "suma", e nada mellor que facelo con algo ben rico. Se me dan catro lacasito e logo tres, cantos terei ao final?


Cociñando: Iogur

Desta vez a nosa experiencia na cociña foi facendo iogures. Raúl, un profe de prácticas que nos acompañará durante un tempada, ten unha iogurteira, así que pareceunos unha boa idea probala na clase. A experiencia foi fantástica, aprendemos unha chea de cousas e ata algún truco para non derramar nada de leite ao botalo nos cacharros. Iso si, tivemos que agardar ata o día seguinte para probalo. Houbo quen o quixo mel, quen preferiu azucre, @s que o acompañaron dos mini lacasitos que empregamos para sumar e ata quen tripitiu. Moitas grazas Raúl.

Magosto

E chegou o Magosto e, posto que o tempo acompañou, puidemos desfrutar ao aire libre. Primeiro foron os xogos: paracaídas, carreiras de sacos e a castaña por detrás, e, despois, con ganas xa de algo quentiño, chegou a quenda das castañas. Para rematar, pintamos as caras ca cinza da fogueira; que Magosto sería se non marchásemos para casa algo suci@s?
Grazas a todos e todas as que colaboraron para que as castañas estivesen a punto, e ás familias pola materia prima e a leña.


miércoles, 22 de noviembre de 2017

Historias improvisadas

Zoe trouxo unha bolsiña chea de pedras, pero non unhas pedras calquera, estas pedras tiñan uns lindos debuxos. Ademais de ser bonitas, son especiais, gardan historias, infinitas historias que teñen a característica de adaptarse aos gustos do narrador ou narradora e do momento. Así pois, hoxe Zoe deu voz, para nós, a unha desas historias agochadas nas súas pedriñas. Grazas por ese contiño.
















domingo, 19 de noviembre de 2017

Doces bicos para tod@s

Con motivo do noso proxecto "Bicos", Martina quixo agasallarnos cun doce bico para cada un e cada unha. Así que pensou que sería unha boa idea traer unha chuche en forma de bico; coa que puxemos fin a unha xornada de xogos e castañas. Grazas a Martina e á súa familia. 


Os contos de André

Esta semana André e a súa axudante (a profe Ana) trouxeron para nós un novo conto: "La rana pirata". A historia trata sobre unha ra pirata que decide ir na procura dunha estrela azul, a mais brillante de todas, para darlle mais luz ao seu planeta. Conseguido o seu obxectivo convida aos seus amigo@s a compartir con ela a luz desta nova estrela que lles permitirá compartir xunt@s ratos ben agradables. Coma o noso.
Como fin da historia, desta vez non houbo flocos de millo, senon unha estrela azul para cada un.
Grazas pola historia e agardamos a chegada dunha nova ben pronto.


domingo, 12 de noviembre de 2017

Samaín. Película e caixas misteriosas.

Aquí tedes a nosa derradeira actividade de Samaín. Sesión de película e caixas misteriosas. Foi a profe Laura quen nos levou á biblioteca para desfrutar dunha película de monstros (Hotel Transilvania 2) e a descubrir que obxectos se agochaban nas caixas terroríficas.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

Uxía e Roscón

Unha nova visita de Uxía e Roscón fixo que comezásemos o día con enerxía e alegría.  Bailamos, cantamos, berramos e eu que sei cantas cousas mais. Dende logo, movemento houbo, moito; e risas, moitas risas. Desta vez ata nos acompañaron á aula, un pasarrúas xenial que alegrou tamén os cambios de clase do alumnado de primaria. Moitísimas grazas coma sempre e ata pronto 😉

sábado, 4 de noviembre de 2017

Cociñando: biscoito de cabaza

Comezamos coas nosas experiencias culinarias e, como estamos na época, que mellor que empregar algo de cabaza. Iso si, para algo doce, que é unhas das cousas que mais nos gustan. Ademais deta vez decidimos darlle unha forma divertida. Mirade, mirade.

Millo

As fotos do outono de Paula chegaron acompañadas de picón, fariña milla, unha mazorca, un carozo e unha interesante explicación sobre o proceso do millo, dende que se apaña ata que se transforma en fariña e picón, así como os seus usos, maquinaria empregada e outras moitas cousas mais.  
Que riqueza poder vivir e compartir esas experiencias ca súa familia (en concreto cos seus avós) e que sorte que poida compartila con nós. Grazas a Paula e á súa familia.






Cabazas. Samaín

Aquí tedes as últimas cabazas que chegaron ata nós. Estamos encantad@s con tanta participación e tanta variedade. Moi bonitas e orixinais todas elas. Tede por seguro que, de chegar algunha mais, farémoslle un oco.



miércoles, 1 de noviembre de 2017

Samaín. Cabazas

O Samaín este ano está a ser moi completo e divertido, cunha chea de actividades; algunhas feitas na escola e outras nas vosas casas, pero que temos o pracer de desfrutar logo na aula e nos corredores, como as cabazas decoradas. Coma sempre teño que agradecer a vosa colaboración, pero desta vez aínda mais, xa que foron moitas peticións xuntas. O que vos podo asegurar é que, grazas a ela, estamos a vivir unhas experiencias magníficas.


   
Samaín

lunes, 30 de octubre de 2017

Samaín

Andamos de celebración do Samaín e, como xa sabedes, e posto que este curso a cousa vai de cine, hoxe tocou poñer en práctica a improvisación. Metidos no papel de zombies decidimos asustar a algúns e algunhas que andaban polo centro, así como bailar un pouco e, con todo este material, faremos unha montaxe ca música de Thriller. O resultado non sabemos como quedará, pero podemos asegurarvos que durante o proceso o pasamos de medo. Aquí quedan unhas fotiños para que vexades que xa somos uns grandes actores e actrices.

viernes, 27 de octubre de 2017

Gran estrea de PELICULETRAS

Hoxe estivemos de estrea. Tocou inaugurar a biblioteca e, como a cousa este ano vai de cine, houbo alfombra vermella e sesión fotográfica; ademais da visita á biblioteca para buscar as nosas mochilas, esas que poñen CATRO ANOS, para ver por primeira vez todos os libros de cine que Mik deixou para nós e para coller unha desas piruletas coas que Mik nos agasalla o primeiro día. Pasámolo estupendamente.

jueves, 19 de octubre de 2017

Bicos



Xa comezou a andar o noso proxecto deste trimestre, proxecto que, como xa sabedes, trata de bicos, un elemento tan importante nas súas vidas, nas nosas vidas. Porque os bicos curan feridas, calman, dan cariño, ofrecen seguridade, regalan forza e valentía, espantan pesadelos e moitas cousas mais.

Con este proxecto temos de novo unha bolsiña especial na que gardar, ata ser compartida na aula, a información, as fotografías, os obxectos e todo aquilo que, relacionado cos bicos e con vós, sae das vosas casa cara a escola, e que será a nosa inspiración. Pero, falando de inspiración, e á marxe das vosas aportacións, que son o eixe fundamental, acompáñannos uha chea de libros e dúas cancións: unha do libro cd de Mamá cabra: Bicos de música, e un poema musicado de Antonio García Teijeiro que está recollido no primeiro cd da Banda dos cueiros. Grazas, pois, a vós e aos músic@s, escritor@s e ilustrador@s.

lunes, 16 de octubre de 2017

O noso bosque particular

Hoxe foi día de conversa sobre lumes, fume, bombeiros, medo... E hoxe decidimos comezar a crear o noso propio bosque, con esas follas que eles e elas trouxeron á aula como mostra do outono, esas que recolleron con vós un día de excursión por eses montes e bosques que nos rodean, montes e bosques cheos de natureza e fermosas paisaxes que, en moitos casos, probablemente hoxe xa non existan.
A nosa particular homenaxe, a nosa esperanza e desexo de que pronto, poidamos e poidades regresar a eles para coller follas de outono.



viernes, 13 de octubre de 2017

Conto, palomitas e película

A profe Ana e André trouxeron unha sorpresa. André contounos un conto moi chulo titulado "Dragón chef", un dragón que, por casualidade, descubre que co seu lume pode transformar as mazorcas de millo en deliciosos flocos de millo, así que, despois do conto, repartiron uns poucos que degustamos vendo un anaquiño de Madagascar. Agardamos impacientes mais sorpresas coma esta.
Deixámosvos aquí unha pequeniña mostra.

Grazas a Ana e a André.


De estrea

Tocou estrear o noso novo cabalete, un elemento mais profesional para traballar a parte artística e esa creatividade que levamos dentro. Unha tarefa, a de crear, que precisa de calma e tranquilidade entre outras cousas, motivo polo que, o novo cabalete, fixo que tivesemos que ampliar as nosas lindes. Pouco a pouco imos conquistando o centro 😉.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das nosas obras de arte. 


jueves, 12 de octubre de 2017

Mais Outono

Pouco a pouco imos completando a nosa decoración cas fotogtrafías que, coa vosa colaboración, van traendo para compartir na aula, e que agochan unha chea de historias, de actividades coa familia e os amigos, do contacto coa natureza e de novos descubrimentos. 

Coma sempre, grazas.


Unha doce práctica

Aquí nos tedes, desta vez repartindo e..., xa de repartir, que mellor que facelo con mini lacasitos que poidamos comer logo do traballo? A pesar dalgunha cara de angustia, que poñen para a foto, queremos repetir canto antes.

Outono

Aínda que non o pareza xa comezou o outono e, coma sempre, decidimos decorar a entrada á aula. Neste caso a inspiración viu dun libro que chegou da biblioteca para amosarnos a transformación dunha árbore rosmona e a axuda dos nenos dunha escola para mantela con vida. Foi unha desas últimas ilustracións a que escollimos para plasmala na nosa porta de outono.


Abellas

Non podíamos comezar a contar as cousas deste curso deixando atrás a nosa última saída,; a que serviu de despedida. Unha saída intensa, da que me foi difícil seleccionar algunhas das moitas fotografías que sacamos e que amosan o divertida e proveitosa que foi. Esperemos que sexa unha de moitas. Como non, tamén saídes vós, que agardades para dicirnos ata logo e desexarnos unha fantástica aventura.

domingo, 4 de junio de 2017

Hoxe toca música

Hoxe tivemos outra vez convidados. Desta vez foron Uxía Lambona e Roscón os que nos fixeron pasar un rato estupendo. Bailamos, cantamos, rimos... e moitas cousas mais. Grazas por suar a gota gorda para facer dese día, un día especial. Como nos gustan as visitas!!!!
 Con permiso do resto da banda as fotos van acompañadas por unha das cancións desa xornada.


domingo, 28 de mayo de 2017

Conto signado

Grazas a unha mamá dun dos nosos compañeiros da clase de 4 anos poidemos desfrutar dun conto acompañados de signos. Aprendemos da súa importancia e ata vimos como se podían facer os nosos nomes cas mans, como eran os días da semana cunha canción e moitas cousas mais. Grazas á contadora de historias e aos nosos compañeiros por ofrecernos esta oportunidade.

                            
Insertar en Blog - collage

Teatro

Aquí nos tedes, desfrutando desa obriña que parte do alumnado preparou para a actividade de Interteatro e que, gustosamente, interpretaron para nós. Parabéns aos participantes e a ese preofesorado que, dende atrá,s fai posible esta actividade tan interesante.

domingo, 7 de mayo de 2017

A India

A nosa primavera, ademais de traer flores e bolboretas está facendo xermolar unha chea de cousas sobre a India; das que estamos a aprender moito.
Grazas aos que plantáchedes a semente, a regáchedes e coidáchedes ata que comezou a xermolar e puido ser compartida con tod@s.
Aquí tedes unha mostra, pero temos moito mais.




Día do libro

Aquí está a segunda das actividades para celebrar este día. Padriños e madriñas lector@s. Os maiores, que sempre están encantad@s de axudarnos e acompañarnos, contáronnos un conto, pero non calquera, un escollido por eles mesmos pensando en nós. O día acompañou e puidemos gozar das historias ao aire libre. Ademais, non sendo suficiente este agasallo, trouxéronnos un detalle feito coas súas mans. 
 Grazas polas historias, polo tempo e polo cariño que puxestes.


martes, 2 de mayo de 2017

Día do libro

O día do libro chegou cheo de actividades. A primeiriña de todas tivo lugar na biblioteca. A tía de Beltaine fixo para nós, axudada por Beltaine, de contacontos. Comezou con un conto que é dos favoritos de Beltaine, pero tanto nos gustou a experiencia que non dubidamos en pedir outro. 
Grazas ás dúas 


Sementando cor

Como chegou a primavera, pensamos que sería estupendo decorar as nosas fiestras, e non hai mellor maneira que plantando unhas plantiñas de flores ben fermosas, quizais animemos as bolboretas e xoaniñas a visitarnos

Primavera

Chegou a primavera e as flores e as bolboretas viñeron para acompañarnos



domingo, 12 de marzo de 2017

Día da Muller

Para conmemorar o Día da Muller, Mik, a nosa mascota da bilioteca, propuxo ao alumnado de Primaria a búsqueda, na biblioteca do centro, de aula ou da casa, de libros escritos ou ilustrados por mulleres e a colocación do título e o nome nun panel situado diante da biblioteca, panel que se foi quedando pequeno e que foi preciso ampliar. Froito desa pescuda, o alumnado de 4º deixou para o resto, diante dos paneis, unha cestiña con algún deses libros, e aló fomos nós, de investigación, para coñecer a cantidade de mulleres atopadas e algún deses libors, e mira ti que sorte que entre eles atopamos "O Grúfalo", que, por suposto, aproveitamos para contar na biblioteca. Ademais, xa na aula, contamos "Cinco minutos de paz" e falamos da importancia de deixar que as nosas nais, mulleres e traballadoras, poidan gozar dun momentiño de tranquilidade, un tempo para elas.
Unhas actividades ben sinxelas, pero que axudaron a facer visible o papel da muller dentro do mundo literario.

Feliz Día da Muller da nosa parte 😚




domingo, 5 de marzo de 2017

Agasallo

Fai uns días unha das nosas compañeiras tivo unha irmanciña. Un momento moi especial na súa vida e tamén na dos seus pais que tivemos a fortuna de compartir. Así que para darlle a benvida a Sol decidimos facerlle un debuxo. A verdade é que o seu nome púxonos o traballo ben fácil 😉

BENVIDA!!


A nosa caixa especial

Aquí tedes unha caixa para nós bastante especial, pois é onde deixamos esas cousiñas que os nosos "Petos" traen gardados cada vez que chegan dalgunha das vosas casas. Esas viaxes xa están chegando á súa fin, pero eses tesouros que trouxeron e traerán, fan e fixeron que descubriramos un montón de cousas dos nosos compañeir@s e as súas familias. 

Grazas



viernes, 3 de marzo de 2017

Festival Entroido

Aquí tedes, unhas fotiños do día do festival. Tedes que desculpar que non sexan moi boas, as présas non nos permitiron facelas como nos tería gustado.

miércoles, 1 de marzo de 2017

Todo o mundo á mesa

Aquí estamos,dando conta desas filloas, atent@s a como se fan e as precaucións que hai que tomar. A verdade é que foron días intensos que pasaron a unha gran velocidade. Pero penso que os desfrutamos.

Filloas

Facer antefaces, maquillarse, bailar e troulear está xenial, pero da unha fame... e aproveitando que no Entroido temos doces ben ricos pois...que tal se facemos unhas filloas? O primeiro día a masa, nesa máquina que nos trae Rocío e, o segundo, á tixola con elas e a degustalas!!! Deixamos un cheiriño polos corredores que lle abrimos o apetito a todo o mundo. Iso si, tamén convidamos.

Maquillaxe

Se un día poñemos antefaces, outro pintamos a cara. A verdade é que son uns profesionais, aguantaron un montón; todo para quedar o mais auténtic@s posible. Temos que agradecer tamén a colaboración de Rocío, que nos axudou moito, pois chegaba a hora de marchar e aínda nos estabamos preparad@s.

Anteface

Pero como non todo ían ser ordes do Meco, nós decidimos facer as nosas cousiñas. Neste caso un anteface que pintamos e decoramos ao noso gusto.


O Meco 4

Ultimo día e última orde. Hoxe tocou traer os ollos decorados, e vaia se viñeron decorados, cada un ao seu gusto. 
 Grazas pola vosa colaboración, pasámolo fenomenal.

O Meco 3

Aquí estamos, no terceiro día e terceira orde do Meco. Desta vez e por iso de que Mik, o noso rato de biblioteca, nos mandou este ano polo mundo, toca traer un sombreiro propio dalgún lugar deste noso planeta.
 Xa soamente nos queda un día!

   

O Meco 2

O segundo día o Meco mandou traer un adorno vexetal e, como poderedes comprobar, cada cual mais orixinal.


O Meco 1

Como comeza o Entroido? Pois, por suposto, cas ordes que da o Meco e que todos e todas debemos seguir. Para este primeiro día toca traer un colar feito a man, e vaia cousas mais bonitas puidemos ver.


Entroido

Xa chega o Entroido e xa nos imos preparando. De novo muda a decoración. O Merdeiro fai da porta o seu lugar, sempre vixiante, e cos vosos antefaces todo listo para comezar este tempo de troula. Que viva o Entroido!!!



lunes, 13 de febrero de 2017

Contando o camiño

Aquí nos tedes, ca serie numérica para arriba e para abaixo, que, pasiño a pasiño, vaise facendo o camiño.



A Paz

Para celebrar o día da Paz tocounos decorar o noso corredor. Como dentro do proxecto "A volta ao mundo en 80 historias" escollimos a India, decidimos debuxar a súa bandeira e nela colocar unha frase dun personaxe deste país moi importante na defensa da paz: Mahatma Gandhi. Logo engadimos outro dos símbolos mais coñecidos, as pombas, que fixemos ca silueta das nosas mans. Pero a cousa non rematou aquí, tamén participamos na actividade levada a cabo por todo o centro. Aquí traballamos outra personalidade importante, esta vez de África, Wangari Maathai, e o seu libro Wangari y los árboles de la paz. Logo de reflexionar sobre a súa historia, escollemos palabras ou frases froito da mesma que escribimos en follas que foron xermolando na nosa árbore, unha árbore de raíces fortes que nos axude a mellorar o mundo.


                                                        

lunes, 23 de enero de 2017

Benvida sexa a calma

Hoxe cambiamos as estrelas por unha relaxación en parellas. O contacto e os aloumiños dos nosos compañeir@s foron todo un pracer. Repetimos seguro.