lunes, 23 de enero de 2017

Benvida sexa a calma

Hoxe cambiamos as estrelas por unha relaxación en parellas. O contacto e os aloumiños dos nosos compañeir@s foron todo un pracer. Repetimos seguro.


Os nosos petos

Xa comezaron a viaxe os nosos Petos de Loreto particulares, estamos desexos@s de saber que cousiñas traen gardadas. Grazas pola vosa colaboración. 


sábado, 21 de enero de 2017

Xogando cos números

Aquí nos tedes, practicando cos números e as cantidades. Escollemos unha carta, contamos cantos botóns hai e buscamos o número e a man que corresponde. Desta vez, e para animarnos, toca contar tamén "lacasitos". Unha vez feito o traballo xa podemos comelos.




O noso acubillo

Desta vez queremos compartir con vós que temos un novo espazo na aula. Un espazo para eses momentos nos que, por estar moi tristes ou enfadad@s, precisamos estar sós; o noso acubillo.



miércoles, 11 de enero de 2017

Preparando o festival de Nadal

Como non, tiñades que ter un oco no blog que fixese visible a vosa axuda e implicación. Neste caso para facer os disfraces para o festival de Nadal, mentres os pequen@s xogaban e se entretiñan, ao tempo que se facían conscientes da vosa participación na escola, na aula. Grazas.
A música que acompaña as fotos non podía ser outra que a que con tanto xeito bailamos (tomada da Galinha Pintadinha)

Chocolatada

Non sei se aínda non vos decatáchedes, pero somos algo larpeir@s e...con iso de estar en época de festas e en inverno (aínda que non o pareza), decidimos facer unha chocolatada😋. Vimos moi atentos todo o proceso: o chocolate converterse en po, engadir o leite, agardar a que se fixese e se quentase e, despois, a que enfriase; neste caso houbo que axudar póndoo na fiestra, que xa nos impacientábamos. Comemos os churruscos mentres faciamos tempo, e co chocolate tamén, por suposto.

Doce Nadal

Como o pasamos tan ben facendo as galletas e estaban tan ricas, por que non repetir? Pero esta vez algo con moitas cores, e chocolate, claro. E aquí tedes o resultado.

Nadal

Chegou o Nadal e necesitabamos mudar a decoración, os elementos de outono e as cabazas decoradas xa cumpriran a súa función, e, coma sempre, aí estabades vós para axudarnos. Árbores de Nadal comezaron a facer a súa aparición, todas diferentes pero todas preciosas. E así foi como quedou o noso recuncho.


domingo, 8 de enero de 2017

Galletas de cabaza

As cabazas fixeron chegar unha idea: e se facemos galletas de cabaza? E aí nos tedes. Primeiro ter claros os ingredientes, logo mesturalos, algunha proba furtiva da masa e...a colocar as galletas na bandexa e para o forno. Logo de enfriar a comelas con moito gusto. Que cheiriño quedou!! E como segredo: tamén tiñan anaquiños de chocolate. 
A canción que acompaña ás imaxes é do cd Brinca Vai e causou sensación, pediamola todos os días.

Magosto

A nosa primeira festa e, estamos preparad@s? Preparadísim@s, tantas ganas lle puxemos que en moitas das fotos saímos movid@s; poñede atención á hora de buscarnos. Xogamos, bailamos, cantamos e comemos castañas. Ao rematar estabamos esgotad@s.


O Samaín

E logo chega o Samaín e as cabazas, entre outras moitas cousas. A nosa mesa con elementos do outono está moi bonita pero aínda estaría mais se trouxésemos algunha decorada, e aí estabades vós para axudarnos. Grazas outra vez.








O Outono

Cantas cousas nos regala o outono? Pois grazas a vós descubrimos que moitas: cores, formas, texturas, sons e moito mais. Con todo iso xogamos, aprendemos, experimentamos, creamos e fixemos unha bonita exposición. Grazas por traernos o outono á aula.


O Outono

Paseniño chegou o outono, e para recibilo decidimos decorar a nosa porta.

Adiante OUTONO!!