Como non todo ían a ser bolboretas, tamén fixamos a nosa curiosidade nas cores da pel. Partimos do libro "El color de la piel", no que decubrimos que o chamado color carne poida que tivera que ser chamado as cores carne. Logo, e grazas á vosa colaboración, fomos comparando as diferentes tonalidades da pel e inclusive situando nun mapa do mundo as imaxes que nos facíades chegar. Para iso, comezamos polo lugar onde vivimos e fomos alonxándonos ata o mapa mundi. Como resumo final de todo isto fixemos un mural.
Tamén comparamos os tons da nosa pel, e menuda variedade hai na nosa aula!, e falamos de como ese ton pode mudar segundo a época do ano.
Vimos un vídeo da fotógrafa Angélica Dass, onde fala do seu traballo, as súas experiencias co nome da cor carne dende nena e como chegou a facer o seu traballo fotográfico sobre os tons da pel. E xa de aquí saltamos, pola conexión, a escala pantonne.
Por último contamos outra historia: Asim, viajero del mundo.
Aquí vos deixamos unhas fotografías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario