A nosa aula é unha aula de artistas e tamén un espazo onde non sei ou non me sae non ten espazo se é para limitar a nosa expresión ou facer sentirnos non capaces. Foi por iso que cando descubrimos este libro decidimos xogar con el.
domingo, 15 de junio de 2025
Libro: "El niño que pintó el mundo"
A primeira proposta consistía en debuxar manchas e/ou figuras xeométricas nun papel. Logo cada un escollía a dun compañeiro e as transformaba naquilo que a súa imaxinación lle trouxese á mente. Por suposto había un espazo ao que acudir para, despois de escoller, poder pesar, reflexionar e imaxinar en calma antes de poñerse mans á obra. E como sabemos que todo mellora coa práctica, repetimos.
Pero a cousa non quedou aí, decidimos propoñerlle un reto aos nosos comapñeiros e compañeiras de 6º.
Na primeira sesión cada grupo debuxou figuras e/ou manchas nun gran papel.
E na segunda intercambiamos os papeis para transformalas.
É certo que nós xa tiñamos algo de práctica, pero tamén o é que eles levan mais tempo neste mundo e tiveron mais oportunidades para desenvolver as súas habilidades.
Como sempre acolleron a proposta con moito gusto e, como sempre, foi unha experiencia magnífica. Grazas por estes momentos compartidos ao longo destes tres cursos, imos a botarvos en falta.
Cando aprendemos xunt@s, APRENDEMOS.
Instrumentos tradicionais
Posto que o Día das Letras Galegas foi adicado as cantareiras e a toda a súa transmisión oral, non podíamos deixar pasar a ocasión de aprender algo mais da nosa música tradicional e dos instrmentos; moitos deles obxectos cotiás empregados para levar o ritmo mentres se cantaba, porque si, cantábase para troulear e socializar pero tamén para contar e dicirse moitas cousas e para sobrelevar os traballos e as faenas.
Así que, aínda que a música tradicional ou a que nace dela forma parte do noso día a día, agora sabemos algo mais e, sobre todo, experimentamos e aumentamos a nosa curiosidade.
Só se pode respectar o que se coñece e, para saber a onde queremos ir, hai que saber de onde vimos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)