domingo, 10 de diciembre de 2023

Día da Diversidade Fucional

O 3 de decembro conmemorouse o día da Diversidade Funcional e Mik preparou unha proposta, un pequeno reto. Como este curso a cousa vai de deporte, colocou nun panel seis fotografías de deportistas, seis nomes e seis tarxetas con información. O reto era colocar o nome correcto a cada foto e a información correspondente. Para axudarnos deixou a man a tablet da biblioteca, na que puidemos teclear os nomes e localizar a imaxe.

E como non hai reto que se nos resista, resolvemos o panel!!!









Nadal. Actividade con 5º

Como xa sabedes, o Nadal que se respira no cole, con aroma a chocolate e galletas, a sorpresas e maxia, está traendo moitas propostas. Xa sabedes tamén que nos gusta moito compartir tempo, complicidades, escoita, cariño, risas, sabores doces e moito mais cos maiores.

Pois desta vez, eles trouxeron para nós unha proposta plástica relacionada con estas datas e nós aportamos unha clase mais de repostería. O comezo, ca manga co chocolate e o arrecendo do comedor fíxose algo duro, pero o resultado do tempo compartido foi estupendo e rematou con sabor a chocolate 😉

Grazas a todos vós, sempre dispostos a compartir cos compañeir@s e tamén a Susana e Vinca, por facilitar, propoñer e valorar a importancia destes momentos. Porque para aprender a empatizar, convivir e respectar hai que practicar, porque é así, xunt@s, como somos e facemos ESCOLA.

Clicade na imaxe


domingo, 3 de diciembre de 2023

Nadal

O Nadal anda próximo e as propostas e sorpresas son moitas.

Como non, Mik enviounos unha carta. Resulta que na biblioteca hai un calendario e cada día temos que ir a ver o que hai no saquiño correspondente.





Tamén nos chegou outra carta do elfo do Nadal, ao que lle puxemos de nome Lucas. E fomos na súa búsqueda.





E na nosa aula apareceu tamén un calendario e unhas pezas que teremos que descubrir que son ou para que serven.



Como podedes ver andamos moi ocupad@s estes días. 
 

Sorpresas

A chuvia e a humidade seguida de días de sol trouxo consigo sorpresas. E, como non, nós fomos investigar. Quedounos un misterio sen resolver: onde andarían os habitantes deses cogumelos?




Que sorte poder observar de maneira directa, que sorte poder desfrutar da natureza na nosa propia escola. Pois non hai mellor maneira de aprender a respectala, non hai mellor maneira de descubrila, de marabillarnos, de sorprendernos e de aprender. Neste caso, entre outras cousas, a observar detidamente por se están crecendo mais e as pisamos, a non tocar ningún cogumelo, pois non os coñecemos, a observar onden gardan as esporas...

Patio

Despois de días e días desa tan necesaria chuvia e cos equipamentos xa listos, chegou o primeiro día de saír a desfrutar de tempo e xogos ao aire libre. Que ganas tiñamos. Grazas que a ese día lle seguiron mais e esa roupa que puxemos tan limpa esa primeira xornada está agora chea de marcas de ter desfrutado.

Clicade na imaxe



Reapertura da Biblioteca

Aínda que xa fai tempo da reapertura, compartimos agora con vós algunhas imaxes.

O noso amiguiño Mik organizou para nós varias propostas cas que ir facendo quecemento para o noso proxecto deste curso. Ademais da visita á biblioteca para recoller as mochilas viaxeiras e as entradas para o cine e os flocos de millo, tivemos película, un espazo para sacar fotos (a homenaxe da Biblioteca a unha das figuras mais destacada en banda deseñada), e unha xornada de disfraces.

Lembrade que se queredes ver mais cousas dos nosos compañeiros en relación ás porpostas de Mik, podedes facelo a través do seu blog: O novo recanto de Mik.

Clicade na imaxe