A nosa aula é unha aula de artistas e tamén un espazo onde non sei ou non me sae non ten espazo se é para limitar a nosa expresión ou facer sentirnos non capaces. Foi por iso que cando descubrimos este libro decidimos xogar con el.
A primeira proposta consistía en debuxar manchas e/ou figuras xeométricas nun papel. Logo cada un escollía a dun compañeiro e as transformaba naquilo que a súa imaxinación lle trouxese á mente. Por suposto había un espazo ao que acudir para, despois de escoller, poder pesar, reflexionar e imaxinar en calma antes de poñerse mans á obra. E como sabemos que todo mellora coa práctica, repetimos.
Pero a cousa non quedou aí, decidimos propoñerlle un reto aos nosos comapñeiros e compañeiras de 6º.
Na primeira sesión cada grupo debuxou figuras e/ou manchas nun gran papel.
E na segunda intercambiamos os papeis para transformalas.
É certo que nós xa tiñamos algo de práctica, pero tamén o é que eles levan mais tempo neste mundo e tiveron mais oportunidades para desenvolver as súas habilidades.
Como sempre acolleron a proposta con moito gusto e, como sempre, foi unha experiencia magnífica. Grazas por estes momentos compartidos ao longo destes tres cursos, imos a botarvos en falta.
Cando aprendemos xunt@s, APRENDEMOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario