domingo, 19 de mayo de 2024

Mik e Ratatouille

Resulta que un día nos chegou unha postal dende París dun amigo do noso Mik, que debeu contarlle que andamos a investigar sobre os Xogos Olímpicos e Paralímpicos. Unha postal escrita en francés, claro, menos mal que algunha mestra do cole domina ese idioma e nos puido axudar.  



Foi a raíz desta postal que recibimos unha carta do noso ratiño Mik convidándonos ao cine, que ben sabe o que nos gusta, para coñecer mais do seu amigo. Pero a cousa non quedou aí, porque Rataoutille é cociñeiro e sendo a cociña outra das nosas actividades preferidas e o noso Mik tan riquiño e listo, preparou para nós un taller de "creps".






Fixemos creps, pero tamén desenvolvemos as destrezas manipulativas, descubrimos os cambios na materia e os diferentes procesos que se dan na cociña, a necesidade de seguir os pasos e indicacións dunha receita, enfrontámonos aos nosos medos e inseguridades, aprendemos normas de seguridade, practicamos a espera, a atención, o respecto, o compartir e a toma de decisións entre outras moitas cousas. Claro, que tendo como fin degustar algo rico feito por nós, estas cousas acontecen de modo natural e sen decatarnos.


Grazas a Mik e as súas axudantes por estas propostas, a Vinca que encantada pon o seu mandil para guiarnos e a esa man e creatividade que están detras desa postal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario