Imos algo atrasadas contando as cousas que van sucedendo durante o tempo que pasamos na escola, así que antes de nada pedimos desculpas.
O 8 de marzo, o Día da Muller, Mik tiña a Biblioteca preparada con tres propostas diferentes sobre mulleres relacionadas co noso proxecto. En concreto vulcanólogas, deseñadoras de xoias e mineiras. Tiñamos información sobre as mesmas e logo propostas para enredar.
Se queredes ver os diferentes espazos non dubidedes en achegarvos ao blogue da biblioteca. Aquí deixamos unha pequena mostra dos nosos enredos.
As vulcanólogas deixaron receita para facer un volcán e tamén un libro sobre os nosos volcáns interiores e como calmalos para que non estoupen. A experiencia a compartimos cos nosos compañeiros de 4º, que apareceron por sorpresa. Momentos de escola.
Segunda proposta, logo de coñecer a unha deseñadora de xoias galega: facer as nosas pulseiras. Bufff, tarefa complicada, porque decidir que abalorio escoller non foi moi sinxelo. Pero quedaron estupendas. Podedes velas na exposición que hai no edificio administrativo do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario