miércoles, 2 de diciembre de 2020

O voo dos paxaros

Estas semanas estivemos a traballar o trazo empregando como fonte de inspiración o voo dos paxaros. Por suposto primeiro observamos o seu voo. Algúns moven tan rápido as ás que son capaces de permanecer quietos, como os colibries; outros voan en bandadas creando figuras espectaculares, como os estorniños; outros deixanse levar polas correntes...

Con toda esta información fomos a experimentar cas cintas de baile, tentando debuxar eses camiños e reviravoltas coas que os paxaros tecen o ceo.

Todo isto porque primeiro contrólanse os músculos mais grandes e posteriormente os mais pequenos e porque pouco a pouco somos quen de ir diferenciando e separando o movemento das distintas partes do brazo: o ombreiro, logo o cóbado, despois o pulso...




Nun segundo momento pasamos a debuxar ese voo nun papel ben grande colocado na parede, para que a nosa posición fose vertical. Na expresión artística o dominio do espazo en posición vertical é previo á posición horizontal. E un papel ben grande porque ata que non temos control do movemento do pulso os nosos trazos son moito mais amplos.




Por último pasamos a un papel de menor tamaño e xa en posición horizontal sobre a mesa.



Agora mesmo xa todo@s temos control do movemento das diferentes partes do brazo, por dicilo así, pero experimentar o movemento nestes diferentes pasos é moi importante e facilita a tarefa e a toma de conciencia. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario