O 30 de xaneiro é o Día da Paz e nós somámonos as propostas tanto do Equipo de Dinamización da Lingua Galega como as da Biblioteca, pois, como imaxinaredes, o noso ratiño Mik non perde oportunidade para plantexarnos retos e actividades.
A proposta da Biblioteca xiraba arredor da comunicación entre as árbores. Foi así como descubrimos que as raíces dos fungos serven para conectar as das árbores e que é por elas polas que se transmiten información e se axudan compartindo alimentos e CO2. Con toda esta información xa asimilada, comezamos tecendo a nosa propia rede para poder enfrontarnos ao seguinte reto, que consistía en averiguar que medio de comunicación era o mais axeitado para diferentes situacións. Canto aprendimos dos sinais de fume, o silbo da Gomera, os sons das campás e as bengalas mariñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario