O 30 de xaneiro é o Día da Paz e nós somámonos as propostas tanto do Equipo de Dinamización da Lingua Galega como as da Biblioteca, pois, como imaxinaredes, o noso ratiño Mik non perde oportunidade para plantexarnos retos e actividades.
A proposta da Biblioteca xiraba arredor da comunicación entre as árbores. Foi así como descubrimos que as raíces dos fungos serven para conectar as das árbores e que é por elas polas que se transmiten información e se axudan compartindo alimentos e CO2. Con toda esta información xa asimilada, comezamos tecendo a nosa propia rede para poder enfrontarnos ao seguinte reto, que consistía en averiguar que medio de comunicación era o mais axeitado para diferentes situacións. Canto aprendimos dos sinais de fume, o silbo da Gomera, os sons das campás e as bengalas mariñas.





A proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega consistía en colocar dentro dunha nube unha palabra, acción ou imaxe que axudase a crear un clima de Paz na escola. Nós, por suposto, escollemos un corazón, pois xa hai tempo que temos o hábito de adicar un tempiño cada xornada a conectar os nosos corazóns. Práctica que nos axuda a centrarnos, relaxarnos e cohesionar o grupo, ademais de sentirnos e sincronizarnos. Logo fomos a colocalo no espacio preparado para iso e xunto cos demais compañeiros de Infantil conectamos todas as nosas nubes. Que mellor xeito de axudar a crear un clima positivo que conectarnos de corazón a corazón.