A seguinte celebración especial foi o Samaín, que trouxo unha chea de propostas. Cociñamos, disfrazámonos, fomos a xunto a bruxa Maruxa para enfrontarnos a retos e a unha pócema máxica, pasamos polo túnel, o noso Mik trouxo cine e unha proposta creativa...
Pasámolo de medo!!!!
Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible unha semana ben divertida e tamen a vós familias pola vosa colaboración.
Deixamos unha fotos dos disfraces de Samaín, que nos axudaron a meternos mais no ambiente e a ir a xunto Maruxa ben elegantes.
Agora van unhas imaxes coa bruxa Maruxa.
Tivemos que chegar a xunto unhas bruxas amigas súas de diferentes lugares do mundo empregando o seu robot e seguindo as súas pistas, logo houbo que remexer en algo pegañento para buscar parte dos ingredientes para a súa pócema e axudala a elaborala. E xa para rematar, quen se atrevese.... podía probala.
Grazas Maruxa, deica a próxima.
E chegaron as propostas de Mik. Neste caso arredor dun lugar do mundo chamado Transilvania. Deixounos información para a Guía de viaxes, un selo especial para o noso pasaporte, unha proposta de cine e tamén nos falou dos castelos, murallas e igrexas de arte gótico de Transilvania e do xogo de luz e cor que logran as vidreiras. Tamén nos deixou o material necesario para facer as nosas, que colocamos nas fiestras. Cando os raios de sol pasaron por elas... sorprendémonos coa beleza e a maxia da luz ao atravesalas.
Tanta proposta, tanto viaxar, tanta aventura ,abre o apetito e, co que nos gusta cociñar... Claro que si, encemos o forno, seguimos a receita e fixemos biscoitos. Esta vez axudáronnos as nosas e os nosos compis de 5 anos e foi a primeira que cociñamos por grupos. Moitísimas grazas por acompañarnos e guiarnos. Temos que repetir outra vez esta experiencia tan enriquecedora. E saborosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario