Canicouva

domingo, 22 de noviembre de 2026

Enredando

Fai uns días atopamos un sapo no patio. Un animaliño que, dentro das súas habilidades, ten a capacidade de desprazarse saltando. E que debuxo deixa no aire cando salta? Pois foi así como nos puxemos a experimentar.

Primeiro nun espazo grande, onde poder mover o brazo con amplitude e comprobando en que direccionalidade resultaba mais cómodo e saia mellor, despois pasamos a un espazo algo mais pequeno e a un plano vertical. É importante experimentar en diferentes planos. Practicamos varias veces e fomos comprobando a nosa melloría na precisión do trazo, no dominio do noso movemento... Ata que nos atopamos preparad@s para tentalo nun espazo moito mais reducido.

Como se soe dicir: todo sabe mellor cando se cociña a lume lento 😉



No hay comentarios:

Publicar un comentario