Canicouva

miércoles, 18 de febrero de 2026

Chuvia

Un novo agasallo caeu do ceo para nós. Ás veces non é chuvia o que as nubes deixan caer senon saraiba, grainzo, pedra, pedrazo, salpedrés... ou como na vosa zona chamen a esas boliñas brancas de xeo que... seica están frías. 
E puidemos tocalas, sentir como nos deixaban as mans conxeladas, como se derretían, tiralas aos charcos e ver que pasaba, camiñar sobre elas sentindo o ruído ao pisalas... E, como non, saltar nos charcos, desta vez ben grandes. 
Houbo que facer algún cambio de roupa, pero merece a pena.
Cantos descubrimentos, cantas alegrías, cantas incógnitas, cantas... cantas cousas grazas á chuvia.



Cociñando. Galletas

Esta vez fixemos galletas. Cada día podemos facer mais cousas sen ningunha axuda e de cada vez desfrutamos destes momentos de cociña. Que ricas nos souberon as galletas!!!



lunes, 16 de febrero de 2026

Enredando

Na realización das noas producións plásticas había interese por recortar; e foi así como xurdiu a necesidade de traballar esta técnica.

Comezamos polo primeiro, que é saber coller e empregar axeitadamente o útil, e fixemos as primeiras prácticas en papel de periódico. Con certo dominio da ferramenta e a técnica andamos agora a enfrontarnos a novos retos en papel co obxectivo de ir mellorando. 



Chuvia

Estes meses o tempo está a traernos moita auga e nos deixa poucos días para saír a xogar ao aire libre. Sen embargo sempre aproveitamos os pequenos momentos de calma para saír. 

Gustamos moito da sensación da chuvia caendo sobre nós, de correr e xogar deixando que se nos molle a cara sen que nos digan que non nos mollemos. Por suposto imos ben equipad@s e ademais contamos coa natureza para que nos axude a acubillarnos se chega algún chaparrón momentáneo. Foi grazas a un deses chaparróns que aprendemos que meterse debaixo dunha árbore cunha copa frondosa axuda a protexerse da chuvia se non é excesivamente intensa. E como aprendimos tamén que ás veces o que nos molla é a auga que quedou nas follas cando o vento as move. 

Para canto nos deu un pequeno chaparrón. 




domingo, 8 de febrero de 2026

Cociñando. Madalenas

Xa nos tardaba volver a cociñar. Desta vez fixemos madalenas. Mans lavadas, material colocado e ingredientes revisados segundo a receita. Podemos comezar.

Non pode haber mais motivación nestas propostas, incluso para aqueles e aquelas que despois non se animan a probar. Que mellor práctica dende o punto de vista motor, de atención, paciencia, control de impulsos, planificación e organización e un montón de cousas mais. E que mellor xeito de culminar o traballo que degustar o que nós mesmos fixemos.

Xa estamos a pensar na seguinte receita.  


 

Día da Paz

O 30 de xaneiro é o Día da Paz e nós somámonos as propostas tanto do Equipo de Dinamización da Lingua Galega como as da Biblioteca, pois, como imaxinaredes, o noso ratiño Mik non perde oportunidade para plantexarnos retos e actividades.

A proposta da Biblioteca xiraba arredor da comunicación entre as árbores. Foi así como descubrimos que as raíces dos fungos serven para conectar as das árbores e que é por elas polas que se transmiten información e se axudan compartindo alimentos e CO2. Con toda esta información xa asimilada, comezamos tecendo a nosa propia rede para poder enfrontarnos ao seguinte reto, que consistía en averiguar que medio de comunicación era o mais axeitado para diferentes situacións. Canto aprendimos dos sinais de fume, o silbo da Gomera, os sons das campás e as bengalas mariñas. 




A proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega consistía en colocar dentro dunha nube unha palabra, acción ou imaxe que axudase a crear un clima de Paz na escola. Nós, por suposto, escollemos un corazón, pois xa hai tempo que temos o hábito de adicar un tempiño cada xornada a conectar os nosos corazóns. Práctica que nos axuda a centrarnos, relaxarnos e cohesionar o grupo, ademais de sentirnos e sincronizarnos. Logo fomos a colocalo no espacio preparado para iso e xunto cos demais compañeiros de Infantil conectamos todas as nosas nubes. Que mellor xeito de axudar a crear un clima positivo que conectarnos de corazón a corazón. 








Reis Magos

Ao regereso das vacacións de Nadal, na nosa árbore tiñamos uns agasallos que nos deixaran os Reis Magos. Un para a nosa aula con cousiñas para un dos nosos espazos de xogo e outros dous paquetes para compartir co resto de compañeir@s das outras aulas: unhas táboas e mais ladrillos para construír. Moitas garzas Reis Magos.

Deixamos unhas fotiños do día da estrea na sala de xogos. 




Son elas e eles os que fan as súas propias composicións, engadindo maior ou menos dificultade aos percorridos segundo o consideran, poñendo a proba as súas habilidades, establecéndose retos, comprobando os seus avances... Amosando parte da súa personalidade: as mais arriscadas, os mais conservadores, as dubitativas... E é así tamén como imos vendo os seus avances, e non so motrices.