viernes, 1 de noviembre de 2024

Samaín

Polo Samaín fixemos un taller de galletas no que descubrimos como se elaboran as galletas que teñen enriba unha chocolatina e como se fan esas chocolatinas. Como todo na cociña, levou o seu tempo. Nunha primeira etapa fixemos a masa das galletas todo o alumnado de Infantil. Nunha segunda elaboramos as galletas e pegamos a chocolatina e na última e mais esperada, degustamos o resultado. 

Tocamos, cheiramos, probamos, dimos o visto bo, aprendemos a agardar e tamén que as cousas teñen o seu proceso. Compartimos experiencias, espazos e tempo tod@s xuntos e un montón de cousas mais.

Grazas a Vinca por facer de mestra reposteira e a Rocío por axudarnos e lavar os cacharros.




Como remate, fomos convidad@s á casa dunha bruxa que nos fixo pasar unhas probas para poder saír. Menos mal que as superamos todas, doutro xeito non teríamos podido ir a comer as nosas galletas e a tal hora seguiríamos alí. A ver, que era moi amable e a súa casa moi chula pero.... Iso si, ata tivemos que probar a súa pócema.



Moitas grazas familias pola vosa colaboración e as vosas cabazas, que nos axudaron a ambientar o cole e a poñernos en situación.











No hay comentarios:

Publicar un comentario