O pasado 25 de outubro, preto do Día Mundial das Bibliotecas, tivo lugar a festa de reapertura da nosa biblioteca. O punto de partida para un montón de cousas: o préstamos de cada semana, as mochilas viaxeiras, e que sabe cantas propostas novas de Mik para este curso.
Por suposto, a agardada visita para saudar a Mik (sempre agochado), coller as mochilas, lembrar como debemos estar neste espazo e todo o que nos ofrece... Pero...ademais disto e, sabendo que a lectura ten algo, ou bastante, de maxia, Mik convidou a un Mago!!! Foi fantástico!!!
Moitas grazas aos compañeiros que fixeron de axudantes e tamén ao profesorado, grazas a Mik por traernos maxia ás nosas vidas e ao Mago Noel polo seu espectáculo. Fixonos rir, soñar, asombrarnos, preguntarnos e crer, sobre todo crer en que todo é posible. Nunca deixemos de soñar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario