Mochila ao lombo e en marcha, a pasar unha mañá diferente e divertida aproveitando os recursos que temos ao noso carón.
Primeira parada o Museo Liste, no que aprendemos sobre como era a vida para aqueles que viviron fai anos, os seus oficios, os instrumentos e útiles que empregaban e inclusive os sons dos mesmos. Temos que agradecer ás nosas acompañantes pola súa paciencia, coñecementos e bo facer. Ah, e andade con ollo cos trasnos, que tamén aprendemos sobre eles.
Logo paseo ata o espazo no que recuperar forzas e desfrutar da natureza e da natureza en outono. Varremos follas, xogamos ao escondite, fixemos fogueiras e comidas, observamos bichos, enredamos cos compoañeir@s das outras aulas e....a pesar de un NON!!! colectivo, regresamos á escola.
Grazas por estes espazos da nosa cidade que tanto nos aportan. Grazas a quen nos acompañou e a vós nenas e nenos por unha camiñata ben agradable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario