Canicouva

lunes, 30 de abril de 2018

Taller de Hervé Tullet. Flores

Desta vez a nosa experiencia foi levar a cabo un taller de Hervé Tullet, un artista ben creativo. Así que, servíndonos dun papel mooooi longo, pinceis, témperas de cores e as instrucións que aparecen no libro deste autor, comezamos a aventura e o desfrute. 
A primeira parte consistiu en debuxar puntos e círculos, grandes, pequenos, lonxe, preto, uns arredor dos outros, uns dentro dos outros... cambiando de sitio logo de cada orde e cambiando de cor de cando en cando.
A segunda trouxo sorpresa. Que pasa se debuxo.... Unha flor!! É unha flor!!! E tod@s a debuxar flores, engadindo o talo, as follas e os pétalos se nos prestaba. E, por suposto, cambiando de sitio e de cor. 
Pasámolo en grande, encantounos o resultado e fomos quen de cambiar de sitio de xeito ordenado, pedir aos compañeir@s a súa cor cando a desexábamos, seguir as ordes, etc.
Por suposto, pensamos repetir a experiencia!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario