Chegou a Primavera e tocaba vestir as fiestras con fermosas flores que agora debemos coidar.
Esta vez tocou aprender a renunciar ao noso desexo de plantar, pois non había para tod@s; saber da necesidade de remexer a terra para aireala e facilitar que a raíces penetren nela agora que está mais branda, de retirar as raíces das plantas anteriores, de cambiar as plantas de maceta cando as súas raíces xa non teñen espazo suficiente, do importante de coñecer o nome do que plantamos para saber que coidados precisa, e moitas cousas mais. Ademais de meter as manciñas na terra, coller as plantas con agarimo, cheirar as súas flores, regar e tocar a auga...
Cantas experiencias nos permite un acto que parece tan simple!!
O pracer de aproveitar ao máximo o cotiá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario