Canicouva

domingo, 10 de noviembre de 2024

Saída Museo Liste

Mochila ao lombo e en marcha, a pasar unha mañá diferente e divertida aproveitando os recursos que temos ao noso carón.

Primeira parada o Museo Liste, no que aprendemos sobre como era a vida para aqueles que viviron fai anos, os seus oficios, os instrumentos e útiles que empregaban e inclusive os sons dos mesmos. Temos que agradecer ás nosas acompañantes pola súa paciencia, coñecementos e bo facer. Ah, e andade con ollo cos trasnos, que tamén aprendemos sobre eles.

Logo paseo ata o espazo no que recuperar forzas e desfrutar da natureza e da natureza en outono. Varremos follas, xogamos ao escondite, fixemos fogueiras e comidas, observamos bichos, enredamos cos compoañeir@s das outras aulas e....a pesar de un NON!!! colectivo, regresamos á escola.

Grazas por estes espazos da nosa cidade que tanto nos aportan. Grazas a quen nos acompañou e a vós nenas e nenos por unha camiñata ben agradable.



Samaín Biblioteca

Esta semana, o noso amiguiño MIK, tiña preparadas para nós unhas propostas: facer pócemas e conxuros para devolver á súa casa ás almas despistadas que puideran ter quedado no cole (pois non sei se sabedes que estamos asentados no espazo dun castro) empregando prantas da nosa contorna, poñer a proba os nosos coñecementos sobre o Samaín, a nosa cidade e os seus antigos moradores, os castrexos; e unha visita a ese espazo do cole no que é a oscuridade a que fai que todo reloza, para experimentar con novas técnicas plásticas. 

Moitas grazas a Mik e as súas axudantes. 



viernes, 1 de noviembre de 2024

Samaín

Polo Samaín fixemos un taller de galletas no que descubrimos como se elaboran as galletas que teñen enriba unha chocolatina e como se fan esas chocolatinas. Como todo na cociña, levou o seu tempo. Nunha primeira etapa fixemos a masa das galletas todo o alumnado de Infantil. Nunha segunda elaboramos as galletas e pegamos a chocolatina e na última e mais esperada, degustamos o resultado. 

Tocamos, cheiramos, probamos, dimos o visto bo, aprendemos a agardar e tamén que as cousas teñen o seu proceso. Compartimos experiencias, espazos e tempo tod@s xuntos e un montón de cousas mais.

Grazas a Vinca por facer de mestra reposteira e a Rocío por axudarnos e lavar os cacharros.




Como remate, fomos convidad@s á casa dunha bruxa que nos fixo pasar unhas probas para poder saír. Menos mal que as superamos todas, doutro xeito non teríamos podido ir a comer as nosas galletas e a tal hora seguiríamos alí. A ver, que era moi amable e a súa casa moi chula pero.... Iso si, ata tivemos que probar a súa pócema.



Moitas grazas familias pola vosa colaboración e as vosas cabazas, que nos axudaron a ambientar o cole e a poñernos en situación.











Reapertura da biblioteca

O pasado 25 de outubro, preto do Día Mundial das Bibliotecas, tivo lugar a festa de reapertura da nosa biblioteca. O punto de partida para un montón de cousas: o préstamos de cada semana, as mochilas viaxeiras, e que sabe cantas propostas novas de Mik para este curso.

Por suposto, a agardada visita para saudar a Mik (sempre agochado), coller as mochilas, lembrar como debemos estar neste espazo e todo o que nos ofrece...  Pero...ademais disto e, sabendo que a lectura ten algo, ou bastante, de maxia, Mik convidou a un Mago!!! Foi fantástico!!!

Moitas grazas aos compañeiros que fixeron de axudantes e tamén ao profesorado, grazas a Mik por traernos maxia ás nosas vidas e ao Mago Noel polo seu espectáculo. Fixonos rir, soñar, asombrarnos, preguntarnos e crer, sobre todo crer en que todo é posible. Nunca deixemos de soñar.



domingo, 20 de octubre de 2024

Conto

Chegou o Outono e con el a nosa primeira visita deste curso á biblioteca. Esta vez foi para escoitar un conto da man de Rocío, bueno, quizais non era Rocío, porque ten un gorro máxico que, cando o pon, fai que se transforme nunha especial contadora de historias. 

Grazas Rocío, agardamos con moita ilusión a seguinte cita.




Grazas

Iniciamos unha nova proposta. Neste caso ten como punto de partida e guía o libro "Ejercicio de gratitud".

Co libro como elemento central tentaremos darlle valor a todas as pequenas cousas que nos rodean e que por ser cotiás pasan desapercibidas, esas que damos por feitas, esas que nos parece que todo o mundo pode desfrutar. Tomar conciencia, apreciar, observar, sentir e descubrir tamén realidades diferentes.

Grazas por adiantado, familias, pola vosa axuda.


sábado, 19 de octubre de 2024

Patio

Este curso comezamos con mais cambios. Neste caso trátase da continuación dunha transformación nun dos nosos espazos de xogo ao aire libre. Houbo cousas que cambiaron de espazo e hai materiais novos que nos ofrecen novas alternativas e dinámicas.

Tiñamos moitas ganas de volver a este lugar e desfrutar das posibilidades que ofrecía, e foi unha grata sorpresa atopar novidades.




Novos descubrimentos

Nese camiño que tenta ofrecer o maoir número de posibilidades acordes á escola na que cremos, na procura dun desenrolo integral no que o xogo, as relacións sans, as necesidades propias da etapa evolutiva e as de cada pequena e pequeno, a calma, a alegría, o descubrimento...formen parte fundamental, imos, na medida das nosas posibilidades, modificando espazos. 

Pois aquí quedan as fotiños do comezo da trasformación dun deses espazos. Unha transformción que fai moito tiñamos nas nosas mentes e que agora podemos comezar. Os nosos proxectos son moitos, pero logo temos que poñer en marcha a paciencia, sabendo que sempre chegará o día no que se fagan realidade.



sábado, 29 de junio de 2024

Saída "Donde viven los cuentos"

Tería que ter sido a saída de despedida deste curso, pero non o foi. Iso si desfrutámola igualmente. Compartimos xogos e aventuras, buscamos flores e herbas aromáticas, pintamos, fixemos perfumes e pan, picamos allo e pirixel, escoitamos un conto, comemos xunt@s...e rimos, e fomos felices, nen@s felices. 

Grazas a Donde viven los cuentos pola acollida e as propostas e grazas por ter podido desfrutar desta oportunidade.



Saía O bosque. Monte vixiador

Este curso investigamos, exploramos, aprendemos...moito sobre o bosque. Isto, unido ao noso gusto polo aire libre e a natureza, facía imprescindible esta saída. Unha saída que serviu tamén para lembrarnos que, ás veces, as cousas non saen á primeira, nin á segunda, e que é necesario aplicar paciencia e non renderse. Quizais o universo sabía que este era o mellor día para esa visita ao bosque, quen sabe.

Foi unha mañá estupenda, na que comezamos por preparar unhas coroas de exploradoras e exploradores do bosque, o que nos levou a diferenciar as follas das árbores que son beneficiosas para o noso bosque e cales non, a buscalas e descubrir polo camiño moitas outras cousas. E logo de decorar e preparar a coroa, alá fomos de expedición na procura de animais, prantas...ou mais ben as pistas que van deixando. 

Moitas grazas a todas e todos os implicados e a ALADOS por ese estupendo acompañamento. 


 

Conto con LSE

Tivemos a sorte de poder desfrutar doutra sesión de conta contos con LSE. Esta vez foi Aránzazu (Zazu) a que compartiu con nós o seu tempo e as súas habilidades. Ademais de ser intérprete en LSE, traballa en AZ lingua de signos nesta mestura de nen@s e LSE, achegando esta lingua aos mais pequenos e enriquecendo o noso mundo con moitos proxectos. 

A verdade é que desfrutamos un montón, mestras incluidas. Moitas grazas a Zazu por visitarnos e agasallarnos con divertidas historias con LSE. Grazas tamén polo que aprendemos as profes 😉  



domingo, 19 de mayo de 2024

Mik e Ratatouille

Resulta que un día nos chegou unha postal dende París dun amigo do noso Mik, que debeu contarlle que andamos a investigar sobre os Xogos Olímpicos e Paralímpicos. Unha postal escrita en francés, claro, menos mal que algunha mestra do cole domina ese idioma e nos puido axudar.  



Foi a raíz desta postal que recibimos unha carta do noso ratiño Mik convidándonos ao cine, que ben sabe o que nos gusta, para coñecer mais do seu amigo. Pero a cousa non quedou aí, porque Rataoutille é cociñeiro e sendo a cociña outra das nosas actividades preferidas e o noso Mik tan riquiño e listo, preparou para nós un taller de "creps".






Fixemos creps, pero tamén desenvolvemos as destrezas manipulativas, descubrimos os cambios na materia e os diferentes procesos que se dan na cociña, a necesidade de seguir os pasos e indicacións dunha receita, enfrontámonos aos nosos medos e inseguridades, aprendemos normas de seguridade, practicamos a espera, a atención, o respecto, o compartir e a toma de decisións entre outras moitas cousas. Claro, que tendo como fin degustar algo rico feito por nós, estas cousas acontecen de modo natural e sen decatarnos.


Grazas a Mik e as súas axudantes por estas propostas, a Vinca que encantada pon o seu mandil para guiarnos e a esa man e creatividade que están detras desa postal.

Maios

Porque cremos nunha escola viva, onde o común teña un lugar importante e no que as nosas raíces nos sirvan de sustento para medrar, conmemoracións como os Maios teñen un día marcado no noso calendario.

Dende a recollida do material, ata a confeción do maio, a preparaciónn das coplas e moito mais van pasando os días, e vai o cheiriño a fiuncho impregnando os nosos sentidos e os nosos recordos.

Temos que agradecervos a vós familias a vosa colaboración, a Toniño o seu traballo, ao alumnado o seu entusiasmo e disposición e a unha man "sabedora" a súa axuda e cariño ano tras ano.


viernes, 17 de mayo de 2024

Violeta as agachadas

Este curso escollimos o fermoso conto de Violeta as agachadas para traballar na aula. Ademais de manipulalo e de lelo en diferentes ocasións e falar del e do seu autor e a súa ilustradora, puidemos xogar de diferentes formas co seu contido e as súas ilustracións a partir de diferentes propostas. 


E logo de xogar, ler, escoitar e moito mais, chegou o día da visita do autor. Un día sempre moi agardado. Temos que agradecer que viñese a pasar un tempo con nós e nos permitise descubrir de onde xorden esas ideas que logo nós podemos desfrutar en papel, aquel lugar onde as ideas comezan a rexistrarse no soporte escrito e moito mais. Foi un pracer.











Enredando

Xa sabedes que no noso día a día facemos unha chea de cousas onde o xogo forma parte de maneira indispensable. Desta vez queremos compartir con vós un destes momentos no que o xogo é a base para practicar e desenvolver as nosas destrezas e capacidades. Aquí puxemos en marcha as nosas habilidades espaciais e de orientación, así como a expresión correcta de instrucións para guiar as nosas compañeiras e compañeiros a chegar ao lugar marcado.



jueves, 11 de abril de 2024

Cociña: Ovos de chocolate

A verdade é que non hai proposta á que digamos que non, pero tratándose de cociñar aínda menos. Esta vez fixemos ovos de chocolate, e todo ten os seus pasos. O primeiro de todo é probar a materia prima e, unha vez pasado o control de calidade, comeza a elaboración.

Máxima atención e concentración para que o chocolate impregne todo o molde e de novo atención e concentración mais moito control das mans e a forza no momento de desmoldar. Logo a maxia de unir as dúas partes grazas a calor e, por último a búsqueda da bolsa que garda o noso ovo, ou o dalgún compañeir@. Momento no que a agudeza visual, a atención, a discriminación e memoria visual para recoñecer os nomes... entran en xogo.

Como vedes, aínda que parece que "so fixemos ovos de chocolate" a experiencia permite por en marcha e mellorar moitas habilidades.

Clicade na imaxe


Saída Fundación Sales

Fomos a visitar un lugar que estando ben cerca parece ben lonxe. Un lugar fermoso, un lugar máxico que agasalla calma e nos leva a conectar coa esencia do que somos. 

Foi esupendo poder desfrutar deste espazo e das experiencias que unhas expertas do lugar nos propuxeron. Estupendo tomar a media mañá co son das ras de fondo e poder tocar, ver, cheirar, abrazar e ata trepar. 

Moitas grazas as persoas que se encargan de manter este lugar e de crear experiencias para que poidamos desfrutar del. Aprendemos moitas cousas e, sobre todo, deixámonos asombrar.

Clicade na imaxe

   

jueves, 28 de marzo de 2024

Día da Muller

Con motivo do Día da Muller (8 de marzo) o noso amigo Mik preparou para nós toda unha serie de propostas. Primeiro enviounos información sobre catro mulleres destacadas tanto por aspectos deportivos como persoais: Teresa Portela, Julia Benedetti, Tamara Echegoyen e Lidia Parada. Despois de telas coñecido tocou un percorrido polo cole seguindo unha serie de pistas para chegar a catro lugares, cada un dedicado a unha destas mulleres e cunha proposta diferente. Tivemos que contestar preguntas, buscar parellas para completar imaxes, crear arte con fio ao son dunha música dos Xogos Olímpicos de París e ata practicar a lanzar a xavelina.

Aquí vos deixamos unha mostra.

Moitas grazas a esas mulleres que coas súas ideas e o seu traballo axudaron a Mik nestas propostas.

Clicade na imaxe

Sigamos voando.


Enredando: xabón de lavanda

E se facemos xabón???? Pois claro, encántanos facer cousas novas, e enredar, e transformar, e descubrir, e experimentar... Que agasallo é cando as propostas van seguidas do entusiasmo. 

Pois aló fomos. E comezaron os olores, e as preguntas, e os descubrimentos... E isto que é?- Ah, lavanda. E isto duro?- Glicerina. Vaia, despois de sair do micro xa non está dura. E isto?- Colorante; claro, así podemos facer xabón lila. E isto?- Esencia de lavanda, para que cheire mais.  E así foi como entre pregunta e pregunta, entre cheirar, tocar, remexer, botar e deixar pasar algo de tempo descubrimos algo de "alquimia", ou sería maxia?, ou ciencia?

Por suposto probamos o noso xabón. E como nos gusta!, que cheiriño queda nas mans!!

E outro dos nosos xabóns foi de agasallo ao primeiro escritor desta tempada. Seguro que tamén lle gustará lavar as mans con el.

Clicade na imaxe

Moitas grazas a quen fixo posible esta experiencia.



Novidades

Estes días chegaron á nosa biblioteca de aula uns libros con imáxenes reais moi chulos e que ademais nos serviron para establecer conexións cos animais do bosque en inverno sobre os que andamos a pescudar e tamén a mergullarnos no extenso mundo das cores e as escalas cromáticas, conectando cun material que xa ocupa un lugar nos nosos andeis e co que xa comezamos a argallar.

Os libros con imaxes reais teñen a súa importancia por moitos aspectos: axudan a ordenar a mente por medio de percepcións sinxelas e claras, a entrar en contacto co noso arredor, teñen un grande poder para emocionar e espertar sentimentos, axudan a establecer conexións coa nosa realidade e a descubrir outras novas, espertan a nosa curiosidade...


Deixamos unhas pequenas fotos dos nosos comezos explorando cada unha das cores a partir do libro. Continuaremos.

Clicade na imaxe


lunes, 4 de marzo de 2024

Conto con LSE

A Lingua de Signos xa fai moito que está presente no noso día a día e non soamente como medio para visibilizala, darlle normalidade ou poñela en valor, senon por moitas cousas mais. Pois temos a sorte de ter unha nai que é unha experta e, mais sorte tivemos aínda, cando aceptou vir a contarnos uns contos con LSE. Moitísimas grazas a Verónica por agasallarnos o seu tempo e esta estupenda experiencia.

Quedan aquí algunhas das razóns polas que valoramos a presenza da LSE no noso quefacer diario e tamén unhas fotiños dese momento compartido con Verónica.


Clicade na imaxe




 

domingo, 3 de marzo de 2024

Entroido

O Entroido é época de diversión, xogo, trasnadas sen malicia, transformación... Pará nós tamén é momento de baile, teatro, ensaios e festival. É tempo de compartir entre nós e con vós familias e demais persoas que formades parte do noso centro. Temos que agradecervos a todos a vosa participación e colaboración. 

A semana anterior ás vacacións seguimos as ordes do noso Meco, comimos unhas filloas ben ricas grazas a Manuel, Julia e á súa nai e desfrutamos dunha xornada de festa colectiva.


         
                                    Clicade na imaxe                                                                   Cicade na imaxe
  




sábado, 24 de febrero de 2024

A Paz

Mik non deixa atrás moitas conmemoraciós, e A Paz non é unha delas. É por iso que preparou unha proposta para nós na Biblioteca. A temática, como non podía ser doutro xeito, foron os Xogos Olímpicos e Parlímpicos. 

Esta vez presentounos imaxes de diferentes deportistas sobre as que reflexionamos, así como un mapa do mundo sobre o que fomos colocando as bandeiras dos seus países. Foi así, por medio da observación e da reflexión, como nos decatamos e chegamos á conclusión de que persoas moi diversas e de moitos lugares do mundo participan e poden participar en competicións deportivas, e practicar o deporte que mais lles guste.

Temos que darlle tamén as grazas a Cris, que nos acompañou e nos falou de moitos deses países, porque unha das cousas que mais lle gusta é viaxar e coñecer diferentes lugares e culturas.


Clicade na imaxe


Tartarugas

Tivemos a sorte de que Rocío trouxese as súas tartarugas. Foi un momento de exploración, descubrimento e de enfrontarnos aos nosos medos. 

Que mellor maneira de aprender a coidar aos animais e a respectalos que téndoos así de cerca.

Grazas Rocío.

Clicade na imaxe


Xa sabedes que sempre andamos a enredar con diferente material e con diferentes propostas, ás veces parten de ser mais dirixidas pero logo sempre nos animamos a empregar o material pola nosa conta. 

Con parte do material que nos deixaron os Reis Magos xogamos a construir os números e tentar atopar todas as posibilidades. E asi, pouco a pouco, imos animándonos con mais números. A este ritmo, en nada, estamos co 9.



Outros días a cousa vai de palabras. Das letras que teñen, dos sons que emiten esas letras, das partes que compoñen a palabra...