Canicouva

sábado, 29 de junio de 2024

Saía O bosque. Monte vixiador

Este curso investigamos, exploramos, aprendemos...moito sobre o bosque. Isto, unido ao noso gusto polo aire libre e a natureza, facía imprescindible esta saída. Unha saída que serviu tamén para lembrarnos que, ás veces, as cousas non saen á primeira, nin á segunda, e que é necesario aplicar paciencia e non renderse. Quizais o universo sabía que este era o mellor día para esa visita ao bosque, quen sabe.

Foi unha mañá estupenda, na que comezamos por preparar unhas coroas de exploradoras e exploradores do bosque, o que nos levou a diferenciar as follas das árbores que son beneficiosas para o noso bosque e cales non, a buscalas e descubrir polo camiño moitas outras cousas. E logo de decorar e preparar a coroa, alá fomos de expedición na procura de animais, prantas...ou mais ben as pistas que van deixando. 

Moitas grazas a todas e todos os implicados e a ALADOS por ese estupendo acompañamento. 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario