Canicouva

domingo, 19 de marzo de 2023

Cociña

Unha nova visita á cociña para facer maxia, para mesturar uns ingredientes que ca caloriña do forno dan lugar a cousas moi ricas. E que ilusión medir, pesar, relar, mesturar... e agardar a poder degustar o que facemos cas nosas mans. E de novo cheiros, sabores, tactos... Xa non pasamos por alto explorar primeiro cada un dos ingredientes. 

Desta vez xa éramos mais expert@s, pero en cada xornada aprendemos cousas novas, como que se a masa está fría non cheira porque o frío contrae os cheiros. Quen nolo ía a dicir!

Cada día é diferente e suceden cousas diferentes e estamos diferentes, así que aínda que fixésemos exactamente o mesmo que outro día calquera, sería unha ilusión, porque xamais sería exactamente igual.

Estas magdalenas foron unha práctica previa a algo que tivo lugar nos días seguintes. 

Desfrutamos moitísimo cociñando. Grazas a Vinca por axudarnos tanto.

Clicade na imaxe


No hay comentarios:

Publicar un comentario