Xa sabedes que levamos moito tempo falando das nosas familias e que isto nos conectou cun conto titulado "Mamá, de onde veñen os bebés?". Pois de aquí saltamos a outros contos e ao tempo que cada un de nós pasou no ventre da súa mamá.
Temos que agradecer de novo a vosa colaboración e esas estupendas fotografías, porque aínda que xa víramos ecografías na internet, estas acadan mais sentido cando son as nosas. E así cobrou tamén sentido ordenar os números do 1 ao 9, pois 9 son os meses que estamos na barriga, e asociar a cada mes o tamaño do bebé, ordenando de menor a maior.
Pero non só tratamos estes aspectos, senon outros como escoitar o latexo do corazón dentro da barriga, que ás veces estamos acompañados, como lle sucedeu a dous dos nosos compis, e outras moitas cousas. A comprender todo axudáronnos as fotografías, a internet e os libros, en concreto dous.
Deixamos aquí algunhas imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario