Canicouva

domingo, 29 de enero de 2023

Familias

Xa sabedes que levamos moito tempo falando das nosas familias e que isto nos conectou cun conto titulado "Mamá, de onde veñen os bebés?". Pois de aquí saltamos a outros contos e ao tempo que cada un de nós pasou no ventre da súa mamá. 

Temos que agradecer de novo a vosa colaboración e esas estupendas fotografías, porque aínda que xa víramos ecografías na internet, estas acadan mais sentido cando son as nosas. E así cobrou tamén sentido ordenar os números do 1 ao 9, pois 9 son os meses que estamos na barriga, e asociar a cada mes o tamaño do bebé, ordenando de menor a maior. 

Pero non só tratamos estes aspectos, senon outros como escoitar o latexo do corazón dentro da barriga, que ás veces estamos acompañados, como lle sucedeu a dous dos nosos compis, e outras moitas cousas. A comprender todo axudáronnos as fotografías, a internet e os libros, en concreto dous.

Deixamos aquí algunhas imaxes.

Vendo as fotografías


Clicade na imaxe




















Museo do mar

Está a ser un curso de moitas primeiras veces, incluida esta. A nosa primeira saída. 

Desta vez fomos ao Museo do Mar, onde coñecimos como vivía hai moitísimos anos unha nena chamada Mariona.

Moitas grazas á nosa guía polas súas explicacións, por ensinarnos o esquelete de balea e axudarnos a facer unha cunca de arxila.

Grazas tamén ao sol por acompañarnos e á chuvia por facer un descanso.

Foi unha estupenda xornada na que ata nos deu tempo a xogar un pouco, antes de marchar, na zona exterior do museo.

Clicade na imaxe

sábado, 28 de enero de 2023

Enredando

Como xa imaxinaredes, as nosas mañans as pasamos enredando. Enredando dentro-enredando fóra, enredando sos-enredando acompañad@s, enredando en calma-enredando en movemento...

Pois dentro destes enredares, van aparecendo novos materiais, que non dubidamos en explorar con ganas e ilusión. 


Facemos series enre tod@s

Emparellamos cantidades

E unha chea de cousas mais. Pero agardamos que estas fotiños vos dean unha idea de todo o que xogando imos aprendendo e experimentando, cada quen ao seu ritmo.

Nadal

E os Reis Magos fixeron parada no Mestres Goldar e deixaron un paquetiño para nós. Primeiro fomos á súa procura debaixo da árbore e, unha vez localizado, á aula con el para poder abrilo e descubrir o que agochaba. Encantounos o que traía, e pouco tardamos en comezar a xogar co seu contido. Moitas grazas Reiis Magos por estes agasallos sorpresa.

Clicade na imaxe

Nadal

Chegou o noso primeiro festival e o fixemos fenomenal, como non podía ser doutro xeito. Porque cando as cousas se fan con cariño e ilusión o resultado sempre é fantástico. Viaxamos ao lonxano Exipto, caracterizámonos e bailamos ao son deses ritmos nun principio para nós descoñecidos.

Grazas familias pola vosa colaboración e a toda esa xente que bota unha man para que poidamos realizar con éxito cada nova proposta.

Clicade na imaxe

jueves, 12 de enero de 2023

Nadal

E o noso amigo Mik trouxo un par de propostas para nós. Primeiro elaborar unhas postais de Nadal cun material que el nos deixou. E logo de novo....cine!!!!!! Tivemos que pasar pola biblioteca a recoller as entradas e as caixiñas e os flocos de millo e tamén levar as postais porque resulta que baixo aquela luz espcial a cousa cambiaba.


Clicade na imaxe

Clicade na imaxe

Nadal

 E entre proposta e proposta e entre árbore e árbore, decidimos sacar unhas fotiños.

Clicade na imaxe

Nadal

Pois aquí estamos facendo esas galletas. Houbo que asegurarse da calidade dos ingredientes, para o que os probamos, cheiramos e tocamos. Quedaron espectaculares, ata houbo que non puido resistirse a probalas antes de empaquetalas. 

O elfo deixounos tamén a receita por se nos apetecía facelas de novo na casa.

Graciñas ao elfo e aos seus amigos elfos pola súa colaboración e acompañamento. De seguro repetiremos isto de cociñar.

Clicade na imaxe

As galletas non eran para comer, aínda. As galletas eran para decorar a nosa árbore e, enteiras ou a medio comer, fiso foi o que fixemos.

Clicade na imaxe




Nadal

Como xa saberedes, para nós o tempo de Nadal chegou cun elfo, que nos tivo percorrendo o cole case a diario na súa procura e que trouxo para nós unha chea de propostas: facer galletas, contos de Nadal, ioga... e tamén algún misterio, como o do seu amigo o boneco de neve que se convertiu en auga na viaxe dende as terras frías ata a nosa escola. A verdade é que o pasamos xenial.

Deixamos aquí alguhas fotiños da súa búsqueda.

Clicade na imaxe