Este curso o noso Mik retounos a aprender cousas sobre a música e, entre outras moitas cousas, deixou para nós un libro e unha proposta: crear instrumentos con cousas da natureza e a vida cotiá, reutilizar diferentes elementos para crear sons. E, por suposto, asumimos o reto e aquí tedes unha mostra de parte do proceso.
Primeiro escoitar o conto e pensar como crear instrumentos atendendo ao reto, logo a chegada de diferentes materiais e a pregunta de como poder facer música con eles, a continuación a súa preparación e decoración e, xa rematados, tocaba empregalos para crear sons, para experimentar e para DESFRUTAR.
Clicade na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario