Canicouva

domingo, 21 de marzo de 2021

Sorpresas e experiencias

Como sempre, en calquera momento podemos descubrir cousas marabillosas que espertan a nosa curiosidade, que nos fan buscar respostas e que dan lugar a novos coñecementos. Momentos estupendos que nos amosan que o coñecemento aparece en calquera lugar e que reside nas cousas mais dispares e, sobre todo, que nace no noso interior.

Profe, profe, ven, mira, mira!!! Una hoja hecha con telas de araña!! Donde esta? Aquí? La ves?

E por suposto, a mestra vai, e mira, e descobre ela tamén a folla feita de teas de araña que ese pequeno non se atreve a tocar pero que o ten fascinado. E a colle, e lle explica que si que parece feita de tea de araña pero que é froito da descomposición, que se foi desfacendo e caendo a capa superior, como se fose unha lixeira pel, e que o que vemos son os nervos da folla. E axuda a que o pequeno a toque, e el aínda algo inseguro a toca e logo a garda para a súa caixa dos tesouros. 

Non é un momento máxico?

Velaquí a folla feita de tea de araña. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario