Canicouva

lunes, 27 de enero de 2020

As pegadas dun páxaro

Ás veces os pequenos sucesos diarios ofrecen formas diferentes de coñecer a natureza e aprender dela. Neste caso a pegada dun páxaro nunha das fiestras do cole deu lugar a moitas reflexións: como chegaría alí a súa pegada?, que partes do seu corpo quedaron impresas na fiestra?, que páxaro sería?, estaría voando dentro ou fora? cal sería o motivo de que chocase co cristal?... E moitas mais.
Como levamos un tempo falando de páxaros o suceso tivo lugar nun momento moi axeitado, aínda que é unha mágoa que levase un golpe tan grande.



No hay comentarios:

Publicar un comentario