Canicouva

sábado, 31 de mayo de 2025

Libro "Ejercicio de gratitud"

Contan as voces sabias que todas e todos temos un ser máxico, un ser de luz, ao que non vemos, que nos coida e protexe. Para facelo mais tanxible, creamos unhas botelliñas con cousas brillantes, e pedímoslle ao ser de luz que nos deixase nelas algo de maxia reconfortadora. Así podemos acudir á botella e conectar con el sempre que o precisemos.

Que non se nos esqueza crer na maxia. Todo é posible, ou case.



A maxia é unha ciencia que aínda

non logramos comprender

Arthur C. Clarke


Maios

Como xa é tradición no noso cole, celebramos Os Maios. Unha festa arraigada en Galicia coa que dar a benvida á primavera e despedir o inverno. 

Elaboramos o noso maio coa colaboración de todo o alumnado e das familias, que nos proporcionades o material para poder levalo a cabo. E preparamos as nosas coplas; este ano tamén participamos o alumnado de Infantil. Coplas nas que contar o acontecido e tirar das orellas, dende o respecto, a algúns.

Foi fantástico poder compartir esta festa de maneira conxunta familias, alumnado e profesorado, axudando a coñecer e valorar os nosos costumes e sinais de identidade.

Moitas grazas a todas e todos, a Toniño pola súa labor e a esas mans que sempre nos acompañan para esta festa, regrasando cada curso a ese lugar no que tantos anos ensinou.