Canicouva

domingo, 10 de noviembre de 2024

Saída Museo Liste

Mochila ao lombo e en marcha, a pasar unha mañá diferente e divertida aproveitando os recursos que temos ao noso carón.

Primeira parada o Museo Liste, no que aprendemos sobre como era a vida para aqueles que viviron fai anos, os seus oficios, os instrumentos e útiles que empregaban e inclusive os sons dos mesmos. Temos que agradecer ás nosas acompañantes pola súa paciencia, coñecementos e bo facer. Ah, e andade con ollo cos trasnos, que tamén aprendemos sobre eles.

Logo paseo ata o espazo no que recuperar forzas e desfrutar da natureza e da natureza en outono. Varremos follas, xogamos ao escondite, fixemos fogueiras e comidas, observamos bichos, enredamos cos compoañeir@s das outras aulas e....a pesar de un NON!!! colectivo, regresamos á escola.

Grazas por estes espazos da nosa cidade que tanto nos aportan. Grazas a quen nos acompañou e a vós nenas e nenos por unha camiñata ben agradable.



Samaín Biblioteca

Esta semana, o noso amiguiño MIK, tiña preparadas para nós unhas propostas: facer pócemas e conxuros para devolver á súa casa ás almas despistadas que puideran ter quedado no cole (pois non sei se sabedes que estamos asentados no espazo dun castro) empregando prantas da nosa contorna, poñer a proba os nosos coñecementos sobre o Samaín, a nosa cidade e os seus antigos moradores, os castrexos; e unha visita a ese espazo do cole no que é a oscuridade a que fai que todo reloza, para experimentar con novas técnicas plásticas. 

Moitas grazas a Mik e as súas axudantes. 



viernes, 1 de noviembre de 2024

Samaín

Polo Samaín fixemos un taller de galletas no que descubrimos como se elaboran as galletas que teñen enriba unha chocolatina e como se fan esas chocolatinas. Como todo na cociña, levou o seu tempo. Nunha primeira etapa fixemos a masa das galletas todo o alumnado de Infantil. Nunha segunda elaboramos as galletas e pegamos a chocolatina e na última e mais esperada, degustamos o resultado. 

Tocamos, cheiramos, probamos, dimos o visto bo, aprendemos a agardar e tamén que as cousas teñen o seu proceso. Compartimos experiencias, espazos e tempo tod@s xuntos e un montón de cousas mais.

Grazas a Vinca por facer de mestra reposteira e a Rocío por axudarnos e lavar os cacharros.




Como remate, fomos convidad@s á casa dunha bruxa que nos fixo pasar unhas probas para poder saír. Menos mal que as superamos todas, doutro xeito non teríamos podido ir a comer as nosas galletas e a tal hora seguiríamos alí. A ver, que era moi amable e a súa casa moi chula pero.... Iso si, ata tivemos que probar a súa pócema.



Moitas grazas familias pola vosa colaboración e as vosas cabazas, que nos axudaron a ambientar o cole e a poñernos en situación.











Reapertura da biblioteca

O pasado 25 de outubro, preto do Día Mundial das Bibliotecas, tivo lugar a festa de reapertura da nosa biblioteca. O punto de partida para un montón de cousas: o préstamos de cada semana, as mochilas viaxeiras, e que sabe cantas propostas novas de Mik para este curso.

Por suposto, a agardada visita para saudar a Mik (sempre agochado), coller as mochilas, lembrar como debemos estar neste espazo e todo o que nos ofrece...  Pero...ademais disto e, sabendo que a lectura ten algo, ou bastante, de maxia, Mik convidou a un Mago!!! Foi fantástico!!!

Moitas grazas aos compañeiros que fixeron de axudantes e tamén ao profesorado, grazas a Mik por traernos maxia ás nosas vidas e ao Mago Noel polo seu espectáculo. Fixonos rir, soñar, asombrarnos, preguntarnos e crer, sobre todo crer en que todo é posible. Nunca deixemos de soñar.