Non podíamos rematar sen saber o que foron descubrindo o resto de compañeir@s sobre o proxecto deste curso. Que animais ou prantas investigaron?, que foi o que descubriron nas súas investigacións?, que materiais elaboraron?... Así que nuns casos foron eles mesmos os que nos ilustraron cas súas conferencias e explicacións e noutros fomos nós a ver as súas exposicións. Grazas a tod@s polo voso traballo e esforzo e por compartilo cos demais.
Canicouva
domingo, 26 de junio de 2022
Unha xornada en Primaria
A nosa benvida a Primaria xa case podemos dicir que comezou uns días antes cando as nosas compañeiras e compañeiros de primeiro nos convidaron a pasar con eles unha xornada.
Comezaron contándonos moitas das cousas que fan no seu día a día, así como como viviron o paso de Infantil a Primaria. Logo déronnos uns carnés, imprencindibles para poder continuar ca nosa viaxe por unha chea de retos que prepararan para nós e que superamos sen problemas, sempre na súa compaña e ca súa axuda cando o precisamos. E superar, superamos, pero entrounos unha fame... Así que pasamos a compartir algo de comer e un montón de xogos mais.
Grazas a tod@s eles e tamén a Cris e Jorge por acollernos así como a Rocío e Rosa que nos acompañaron.
Libros: O meu irmono e Un can
Se co libro O meu irmono traballamos os parecidos dentro das nosas familias, con Un can fixemos algúns xogos moi divertidos. E, para poñerlle o broche final, o seu autor fíxonos unha visita fantástica na que nos presentou, como primicia, dous novos títulos desta colección de libros algo tolos sobre animais.
E, aproveitando que xa estaba permitido, non perdemos a oportunidade de facer dous grupos mixtos e desfrutar dunha actividade na compaña dos nosos amigos das outras aulas.
Grazas a Miguel López e a tod@s os que fixeron posible esta visita e esta experiencia.
sábado, 11 de junio de 2022
sábado, 4 de junio de 2022
Excursión final de curso
Para despedir este curso, esta vez si puidemos ir de excursión todo Infantil, como era habitual e como tanto desexábamos. Pasámolo fenomenal, como veredes a continuación.