Canicouva

lunes, 5 de julio de 2021

E rematou o curso e non o podíamos despedir de mellor forma, facendo realidade un desexo que estaba en nós dende o primeiro día: ir de excursión.

Unha pequena viaxe en autobús, que xa emociona en sí mesma, coller forzas, un pouco de xogo libre no medio da natureza e a despedida aos nosos compañeir@s de 5 anos, que inician unha nova etapa. Boa viaxe!

Grazas a tod@s os que fixéchedes posible que este curso fose, e que os nosos, os vosos pequen@s crecesen sans e o mais felices posibles.

Vémonos pronto. Vivide e soñade ao grande 😘😘


                                                                                            Clicade na imaxe

As cores da pel

Como non todo ían a ser bolboretas, tamén fixamos a nosa curiosidade nas cores da pel. Partimos do libro "El color de la piel", no que decubrimos que o chamado color carne poida que tivera que ser chamado as cores carne. Logo, e grazas á vosa colaboración, fomos comparando as diferentes tonalidades da pel e inclusive situando nun mapa do mundo as imaxes que nos facíades chegar. Para iso, comezamos polo lugar onde vivimos e fomos alonxándonos ata o mapa mundi. Como resumo final de todo isto fixemos un mural.

Tamén comparamos os tons da nosa pel, e menuda variedade hai na nosa aula!, e falamos de como ese ton pode mudar segundo a época do ano.

Vimos un vídeo da fotógrafa Angélica Dass, onde fala do seu traballo, as súas experiencias co nome da cor carne dende nena e como chegou a facer o seu traballo fotográfico sobre os tons da pel. E xa de aquí saltamos, pola conexión, a escala pantonne.

Por último contamos outra historia: Asim, viajero del mundo.

Aquí vos deixamos unhas fotografías.









O conto de Nona

Este curso a maxia do universo non fixo mais que traernos bolboretas, quizais como mensaxe de cambio e transformación. Pois este conto, aínda que non o pareza, descuberto por casualidade pola profe Rocío, tamén garda relación con este precioso insecto.
Unha historia contada nesa sala á que tanto nos gusta ir, pois parece que alí todo acontece bañado de maxia, como se uns polviños máxicos fixesen que nada mais entrar, ese mundo fose diferente, como Alicia no país das marabillas.
Grazas pois a quen puxo as bolboretas no noso camiño, á escritora e ilustradora Esther Voltá por esta historia, á contadora de historias e as axudantes 😉


                                                                                           Clicade na imaxe