Canicouva

lunes, 25 de enero de 2021

Bolboretas

Iniciamos novos descubrimentos, unha nova pequena investigación.

Podemos dicir que ten os seus comezos no trimestre pasado, cando a morte dunha bolboreta posibilitou a súa observación na aula. Xa que o interés seguía vivo e que estaban sen respostar algunhas das dúbidas xurdidas, decidimos comezar a saber algunhas cousiñas mais.

Aquí vos deixamos imaxes dese primeiro contacto.


                                        Clicade na imaxe

domingo, 10 de enero de 2021

As marabillas dun día de frío

Cousas estupendas agardan por nós cada día.

Hoxe o frío trouxonos beleza, descubrimentos e experiencias que a naturaza nos agasalla. Follas xeadas que misteriosamente aparecen pegadas unhas ás outras, chans esvaradíos, cristais de xeo que agochan tesouros pero que deseguida se derreten pola calor dos nosos dedos, chans brancos nos que quedan marcadas as nosas pegadas...

E así experimentamos, chamamos polos demais para compartir descubrimentos, observamos con ollos de científic@s, facemos preguntas... e DESFRUTAMOS.

Que nunca perdan a capacidade de asombrarse.



Agasallo de Reis

 E como non, os Reis Magos tamén fixeron parada na nosa aula. 

Non esquezades picar na imaxe