Graciñas por este trimestre, pola vosa colaboración e confianza; co obxectivo de lograr que os vosos (e nosos) pequen@s poidan crecer SANS (entendida a saúde no seu sentido mais amplo)
Canicouva
jueves, 31 de diciembre de 2020
martes, 29 de diciembre de 2020
Nadal
Non temos mais que dicir que GRAZAS.
Grazas polo esforzo, por manter a nosa ilusión e porque nin o virus nin as inclemencias do tempo impediron que puidésemos desfrutar deste momento. Sempre hai unha alternativa e a atopáchedes. E grazas a eses personaxes sempre dispostos a contaxiarnos a alegria.
Camiños de luz
Unha nova actividade para traballar o trazo, o movemento do brazo, o ombreiro e o pulso; xa sabedes, movementos grandes e en vertical antes de debuxar os camiños dos páxaros no papel. Esta vez algo mais máxico tentando descubrir ca lanterna o camiño agochado na oscuridade. Mirade, mirade.
miércoles, 2 de diciembre de 2020
O voo dos paxaros
Estas semanas estivemos a traballar o trazo empregando como fonte de inspiración o voo dos paxaros. Por suposto primeiro observamos o seu voo. Algúns moven tan rápido as ás que son capaces de permanecer quietos, como os colibries; outros voan en bandadas creando figuras espectaculares, como os estorniños; outros deixanse levar polas correntes...
Con toda esta información fomos a experimentar cas cintas de baile, tentando debuxar eses camiños e reviravoltas coas que os paxaros tecen o ceo.
Todo isto porque primeiro contrólanse os músculos mais grandes e posteriormente os mais pequenos e porque pouco a pouco somos quen de ir diferenciando e separando o movemento das distintas partes do brazo: o ombreiro, logo o cóbado, despois o pulso...
Nun segundo momento pasamos a debuxar ese voo nun papel ben grande colocado na parede, para que a nosa posición fose vertical. Na expresión artística o dominio do espazo en posición vertical é previo á posición horizontal. E un papel ben grande porque ata que non temos control do movemento do pulso os nosos trazos son moito mais amplos.
Por último pasamos a un papel de menor tamaño e xa en posición horizontal sobre a mesa.
Agora mesmo xa todo@s temos control do movemento das diferentes partes do brazo, por dicilo así, pero experimentar o movemento nestes diferentes pasos é moi importante e facilita a tarefa e a toma de conciencia.