Aquí tedes a Laia facendo un pequeniño experimento que ten como resultado un ovo especial.
Seguro que vos estábades a preguntar en que consisitía o experimento, así que aí vai a explicación: o ovo cru sumérxese en vinagre 24 horas, o vinagre vai comendo o calcio da casca, así que o ovo queda protexido soamente pola membrana interna, de aí que rebote.
Se vos animades, xa sabedes.
Canicouva
▼
▼
martes, 31 de marzo de 2020
Reto 2
Aquí vai un novo reto e deixovos dúas cancións relacionadas co mesmo para que escoitedes se vos apetece. Unha dela xa a coñecedes e así non a esquecedes nestes días
😉
lunes, 30 de marzo de 2020
Conto mais LSE: "Una de marcianos"
Deixovos un contiño que inclue algo de lingua de signos elaborado por un mestre de AL que @s irmáns dalgúns de vos xa coñecen. Para eses outros meus nen@s, agardo que vos preste este "reencontro" e saudiños da súa parte 😉
A lavar as mans
Como estes días está sendo aínda mais importante lavar ben as nosas mans, a profe Vinca agasállanos cunha canción para acompañar eses momentos. Moitas grazas.
Construindo
Hoxe vos propoñemos facer unha torre o mais alta posible gardando o equilibrio e empregando soamente elementos das vosas despensas. Atent@s ás instrucións.
domingo, 29 de marzo de 2020
Doce para o padal
Ter que permanecer na casa impídenos certas cousas, pero facilítanos outras moitas, entre elas, desfrutar dos tempos compartidos. Por iso, se vos apetece, aquí tedes unha receita de galletas de chocolate, para compartir o tempo que leva facelas pero tamén o tempo de desfrutalas diante dunha taza de cacao, dunha infusión, un café con leite...segundo gustos e idades.
Ata o luns e boa fin de semana 😘😘
jueves, 26 de marzo de 2020
Ioga
Desta vez a cousa vai de vacas, de vacas mooooi estresadas e do que lles axuda a estar calmadas.
miércoles, 25 de marzo de 2020
Monstros
Estes son os monstros que creachedes xogando. Agardo que pasárades un bo rato.
Todos estes vídeos son un pequeniño resumo no que só aparecen as fotos da nosa aula, pero na páxina do cole tedes outros nos que tamén aparecen fotos das andanzas de todo o alumnado de Infantil.
Enredos
Diego anda moi entretido estes días. Facendo circuitos, xogando co seu nome, dándolle uso ao calendario que fixeron en casa, transformándose en moitas personaxes diferentes, colaborando nas tarefas domésticas cun aspirador que tanto serve para acabar co po como para cazar fantasmas, e moitas cousas mais.
La reina batata
Que mellor maneira de comezar o día con
alegría que escoitando música?, e xa que tamén é necesario entrenar a capacidade de
escoita, mellor se son cousas bonitas e agradables. De paso, serve, esta
canción, como agradecemento a todas esas persoas que estes días, dende as súas
casas, nos agasallan cos seus talentos.
Experimentando
Que vos parece se nos animamos con outro experimento? Podedes fotografiar o resultado final.
martes, 24 de marzo de 2020
Enredando
Aquí vos deixo unhas imaxes e vídeos de cousiñas cas que se entreteñen os vosos compañeir@s sacadas da proposta primeira en pdf que colocamos na web e cuxo enlace vos deixei no blog. Moitísimas grazas por compartilas con nós, así podemos tamen vervos as cariñas.
Seguirei subindo todas a quelas que vaian chegando.
Laia facendo un colar de macarróns
Martín compartindo tempo e xogos ca súa nai
Naiara na súa horta
Arco da vella
Aquí están os vosos arcos da vella, unha chea de cores e de misterios da natureza que serven para debuxarnos un sorriso. Por moitos sorrisos mais.
Reto superado
Mirade cantas cousiñas atopástedes nas vosas casas.
O reto era igual para tod@s, pero o resultado diferente para cada un.
Por suposto, aínda podedes seguir mandando fotos e eu irei modificando esta entrada no blog así que as vaia recibindo, engadindo as novas imaxes. Fareino con tódalas propostas que vaiamos facendo, porque aínda que están postas un día determinado, podedes levalas a cabo cando vos apeteza.
A sala de música
Boas, aquí vos deixo o primeiro vídeo de Toniño. Está será a vosa Sala de música e cada vez que vexades este título saberedes que é algo de Toniño para vós.
Historias con movemento
Hoxe podemos comezar o día con algo de movemento practicando Ioga, que vos parece? E, ademais, desfrutando ao mesmo tempo dunha pequena historia. Seguro que de algo xa vos soa 😉
Entre monstros anda a cousa
Aquí vos deixo a propostiña de hoxe.
Dúas cousiñas: a primeira é que no folio tedes que debuxar, como corpo do monstro, unha figura xeométrica ou similar; a segunda, que se non tedes dado, podedes usar papeliños nos que escribades os números metidos nunha bolsiña ou recipiente, lembrade devolver o papel á mesma de cada vez.
E, por suposto, se vos apetece mandade fotiños dos vosos monstros.
lunes, 23 de marzo de 2020
O arco da vella
Para estes días de sol e como estamos ca ciencia, a proposta é crear na casa un arco da vella. Neste vídeo explica como podedes facelo. Seía xenial se enviásedes unha foto co resultado, prometo xuntalas para que vexades as dos vosos compañeir@s.
Tamén podedes empregar un cd, mirade
Reto de hoxe
Bos días!!! Para o día de hoxe plantexovos un reto. Consiste en atopar nas estancias da casa sinaladas certos elementos. Estaría ben que, se vos apetece, unha vez os localicedes, os xuntedes e saquedes unha foto na que saiades vós e a enviades ao noso correo (infantilmestresgoldar@gmail.com), así podo facer unha presentación cas mesmas. Un xeito de vernos e estar mais xunto@s. Manter o contacto, aínda que sexa en imaxes, tamén é importante.
sábado, 21 de marzo de 2020
Para facilitar a comunicación nestes días, temos un correo electrónico de Infantil que é
infantilmestresgoldar@gmail.com
Así podedes enviarnos, sempre que vos apeteza, fotiños das propostas que vos vaiamos facendo, preguntar dúbidas, etc. Lembrade poñer no asunto a que mestra vai dirixido.
Moitos bicos 😘
viernes, 20 de marzo de 2020
Un doce co que comezar cada día
Estes días trouxeron moitos cambios e un deles é a ausencia das nosas apertas de benvida á escola que, cando menos eu, boto moito en falta. É por iso que vos mando unha enorme en imaxe para que, vendoa cada mañá, comecemos cada día con boa enerxía.
Agardando vervos pronto
Que tal familias? Como vos vai pequen@s?
Desexando que regrese a normalidade e poidamos vernos pronto, pero tamén que teñades uns días o mais agradables posibles nos que un anaquiño do cole, e de nós, chegue ás vosas casas para facervos compaña, dende o equipo de Educación Infantil colocamos na web do centro unhas propostas. Deixovos o enlace para que poidades acceder dende aquí.
Moitos bicos e moitas apertas que, agardamos, poidamos darvos pronto.
Xogando e experimentando con area de cores
Experimentar, explorar, xogar, aprender... é moito mais sinxelo, ou non, do que pensamos. Con area de cores e elementos que facilmente atopamos en casa pasamos un ratiño estupendo. Logo do cal, por suposto, deixamos todo como o atopamos.
Grazas ao alumnado de cinco anos e a Sheila por ofrecernos a posibilidade de desfrutar deste espazo que crearon; e ás Rocios por acompañarnos.
Experimentando con pigmento azul
Foi unha xornada estupenda na que desfrutamos moitísimo experimentando e traballando con pigmento natural azul. Un tempo de emoción e sensacións ao que lle seguiu outro de fonda limpeza: mans, brazos, caras, calzado... Pero mereceu a pena. Tamén é importante aprender que, logo, todo debe regresar ao seu estado orixinal.
Grazas a Rocío pola súa colaboración, de non ser así, é posible que rematásemos por converternos en "pitufolandia"😂
miércoles, 11 de marzo de 2020
Entroido. Festival
Chegou o día do festival!!!! Moitísimas grazas a tod@s: ao alumnado polo seu esforzo e comportamento, ás familias, ao profesorado e, especielmente, a aqueles que fixeron posible este resultado final.
Entroido
Dende a biblioteca, Mik, propúxonos unha actividade para o Entroido que consistía en formar uns quebracabezas cas imaxes das máscaras de diferentes personaxes do entroido de Galiza.
Aquí tedes o exemplo dunha delas.