Como este curso o Proxecto de centro foi de pintura, non podíamos deixar escapar a ocasión de visitir unha exposición.
Foi este, un día moi especial, xa que coincidiu co regreso de Abril, que xa facía moitos días que non a víamos. Logo do caloroso recibimento marchamos cara a aventura. Primeiro demos un paseo pola nosa cidade, parando nalgúns sitios destacados: na Biblioteca municipal, de onde Martina trae libros que logo contamos en clase, e onde outros moitos van de cando en vez; no escaparate dunha librería ben chula; na Colegiata, pois fomos recibidos pola súa campá; na Estación Marítima e as esculturas homenaxe a emigración, que tamén gardaba relación co pintor dese día; no Nadador, etc. Fixemos un par de amigos de catro patas e aprendemos moitas cousas sobre pintura, ao tempo que amosábamos todos os coñecementos traballados tamén este curso.
Para rematar retratamos a un compañeir@, pero o resultado queda para outra presentación.