Canicouva

domingo, 26 de mayo de 2019

Excursión de fin de curso

Aquí tedes unhas fotiños da excursión de fin de curso. Un día cheo de actividades: plantar sementes, moer como os nosos antepasados o millo miudo en muiños de man para obter fariña, ver a recreación dun poboado, ver e tocar os petroglifos, debuxar e pintar coas nosas mans como o facían nas covas, escoitar historias e obter moita información. Información que completou todo o que xa aprendéramos sobre o arte rupestre.
Pero tamén houbo tempo para xogar, explorar, experimentar, compartir... de xeito libre. Unha xornada estupenda, coma sempre.

A horta. Cabazas

Xa case non nos vai quedando espazo nesa horta que, ao principio, semellaba tan ampla. E iso débese en grande medida ás vosas aportacións. Moitísimas grazas.
Esta vez tocou plantar unhas cabazas que trouxo Beltaine. Teremos que agardar para descubrir de que tipo son. Un interrogante que manterá a nosa curiosidade ben desperta.




domingo, 19 de mayo de 2019

A horta. O espantallo

A horta trae consigo moitas cousas e, entre elas, visitas á hora de comer. É por iso, que decidimos incluir un espantallo que axudase a que os nosos repolos puidesen crecer. Non nos importa compartir, pero....queremos que quede tamén algo para nós.
E así foi, como os maiores elaboraron a Margarita. Viñeron a contarnos o proceso de elaboración e, xuntos, fomos buscarlle o mellor sitio da horta e, de paso, aproveitar para xogar e rir. Para convivir.











O ceo e as súas cores

E o ceo azul deu paso á chuvia. Correde, comeza a chover!!!!!







domingo, 12 de mayo de 2019

Cociñamos. Caldo

E con boa parte do recollido na nosa horta, fixemos un caldiño estupendo. Por suposto participaron en todo o proceso: lavar, cortar, pelar.... Logo agardar a cocese, a lume maino, e, por último, probalo. Un bo remate para ese traballo de agricultura ecolóxica.


A Horta. Plantando tomates

É sensacional que de novo sexan os pequenos e pequenas quenes decidan traer cousiñas para plantar no nosa horta. Desta vez son tomates que Paula quere compartir con tod@s. Moitísimas grazas á súa familia e a ela. Xa estamos pensando en preparar unha boa ensalada.


A Horta. Recolleita

Ademais de plantar, regar e quitar malas herbas, tamén hai que recoller todo aquilo co que a terra, grazas aos nosos coidados, nos agasalla. Por suposto, todo ecolóxico e cheo de amor.


Os Maios

Un ano mais chegou o momento de darlle a benvida á Primavera, ca súa luz, as súas cores, os seus sons, os seus cheiros e os seus sabores. Chegou o momento de celebrar os Maios e darlle continuidade a unha desas tradicións que enriquecen a nosa cultura e falan do que fomos e do que somos.
Aquí tedes unha escolma de fotos dos diferentes momentos: a preparación do maio, da mandala e do propio acto.
Grazas a tod@s e especialmente a Mariluz que sempre ven botarnos unha man.


domingo, 5 de mayo de 2019

O ceo e as súas cores

E aquí continuan os artistas e as artistas pintando o seu ceo; o que ven, o que fotografiaron.
Desta vez foi a quenda do ceo azul, limpo, sen nubes, ese que nos fai debuxar un soriso na cara cada vez que se presenta e nos enche de enerxía. Azul, pero non un único azul, porque aínda que pareza que non, xa descubrimos que esa cor pode adquirir moitas tonalidades.






Padrños e madriñas lector@s

Un ano mais e para conmemorar o Día do Libro, levamos a cabo a actividade de "Padriños e madriñas lector@s". Unha xornada estupenda para compartir tempo e historias ao aire libre. Moitas grazas aos maiores por poñer tanta ilusión nos momentos previos, na lectura e nese agasallo que con tanto cariño fixeron para nós.