Canicouva

jueves, 28 de febrero de 2019

Entroido. Terceira orde do Meco

Terceira xornada, e o Meco manda... coroa de flores como Frida

Entroido. Segunda orde do Meco

Esta segunda orde fíxonos traer un bigote como o de Dalí

Entroido. Primeira orde do Meco

Xa comezamos cas ordes do Meco. Este primeiro día tocaba traer un xirasol, como os do cadro de Van Gogh

Entroido: Comadres e Compadres

Este ano non simulamos simplemente o Domingo Fareleiro, senon tamén o Xoves de Comadres e o Xoves de Compadres. Para iso, elaboramos entre todo@s uns bonecos con follas de periódico pintadas que logo repartimos para poñer en práctica esa divertida "loita". Moitas carreiras e risas, aprendendo tradicións e valores como o respecto, compartir, traballo en equipo, etc.
Grazas a Emma por brindar o seu tempo para levar a cabo o xogo.

sábado, 23 de febrero de 2019

Entroido

Grazas a todas esas máscaras que foron chegando, o noso corredor loce ben fermoso este Entroido. Algunhas delas, como esta de Mía, axúdannos incluso a meternos nas personaxes típicas dos entroidos da nosa terra.
Graciñas a tod@s.

Entroido

Xa comezou o Entroido e tamén as nosas visitas a ese calendario que Mik prepara na entrada da Biblioteca, e onde, ás veces, nos agardan algunhas sorpresas.
Aquí tedes unha delas, o noso particular Domingo Fareleiro.





lunes, 18 de febrero de 2019

Horta. Da casa da avoa de Martina á escola

A primeira plantación gustou tanto, que Martina decidiu compartir parte das sementes da súa avoa con nós.
Grazas á avoa de Martina por cedernos parte das súas sementes, e a Martina por transmitir a súa ilusión. Intentaremos que esas cebolas e chícharos cheguen a medrar ben fermosos.

domingo, 17 de febrero de 2019

A Paz

Mik trouxo para nós un par de propostas polo Día da Paz. Esta consistía en deixar as nosas pegadas de modo semellante a como hai xa moito tempo fixeron os artistas das pinturas rupestres, e engadir nalgunha delas palabras ou mensaxes relacionadas con esta conmemoración. Así que, unha vez decidido o que íamos escribir, puxémonos en marcha camiño da Biblioteca e...aquí nos tedes.
Debemos agradecer a Rocío a súa sempre valiosa axuda, que fai posible que poidamos desfrutar mais de cada nova actividade e proposta.

A Paz

O noso amigo Mik propúxonos unhas actividades para conmemorar o Día da Paz, como xa sabedes, é aquí tedes a do quebracabezas. Tivemos que abrir un sobre e sacar unha chea de pezas para montar o quebracabezas dunha obra de arte e fixarnos ben, para descubrir de que artista se trataba esta obra. Unha vez rematado e descuberto o autor, puidemos abrir outro sobre no que Mik deixara información sobre o propio artista e a orixe da pomba como símbolo da Paz.
Graciñas pola proposta. 

Decoración Nadal

Como sempre, moitas grazas pola vosa colaboración á hora de ambientar o noso espazo en cada unha das diferentes épocas do curso.