Canicouva

sábado, 6 de octubre de 2018

Bechiños

A natureza decidiu entrar na nosa aula e este simpático bechiño recibiume unha destas mañáns. Por suposto metino con cariño nun recipiente para compartir esta inesperada visita co resto do grupo.
Deu para observar, charlar, intercambiar puntos de vista e para facer unha pequena excursión ata o castiñeiro, e devolvela ao seu medio, lonxe das nosas pisadas.
Que pracer que a natureza decida sorprendernos así e agasallarnos estes momentos non planificados; se cadra, os mellores.

Cando as visitas traen felicidade e sorpresas

Tivemos a sorte de ter visita. Unha visita que, como sempre, trouxo felicidade, xogos e sorpresas. Esta vez aprendemos novas palabras en LSE (lingua de signos) e comezamos a practicar cun novo xogo. Entre outras moitas cousas, claro.
Graciñas. Volve visitarnos pronto.