Canicouva

domingo, 12 de marzo de 2017

Día da Muller

Para conmemorar o Día da Muller, Mik, a nosa mascota da bilioteca, propuxo ao alumnado de Primaria a búsqueda, na biblioteca do centro, de aula ou da casa, de libros escritos ou ilustrados por mulleres e a colocación do título e o nome nun panel situado diante da biblioteca, panel que se foi quedando pequeno e que foi preciso ampliar. Froito desa pescuda, o alumnado de 4º deixou para o resto, diante dos paneis, unha cestiña con algún deses libros, e aló fomos nós, de investigación, para coñecer a cantidade de mulleres atopadas e algún deses libors, e mira ti que sorte que entre eles atopamos "O Grúfalo", que, por suposto, aproveitamos para contar na biblioteca. Ademais, xa na aula, contamos "Cinco minutos de paz" e falamos da importancia de deixar que as nosas nais, mulleres e traballadoras, poidan gozar dun momentiño de tranquilidade, un tempo para elas.
Unhas actividades ben sinxelas, pero que axudaron a facer visible o papel da muller dentro do mundo literario.

Feliz Día da Muller da nosa parte 😚




domingo, 5 de marzo de 2017

Agasallo

Fai uns días unha das nosas compañeiras tivo unha irmanciña. Un momento moi especial na súa vida e tamén na dos seus pais que tivemos a fortuna de compartir. Así que para darlle a benvida a Sol decidimos facerlle un debuxo. A verdade é que o seu nome púxonos o traballo ben fácil 😉

BENVIDA!!


A nosa caixa especial

Aquí tedes unha caixa para nós bastante especial, pois é onde deixamos esas cousiñas que os nosos "Petos" traen gardados cada vez que chegan dalgunha das vosas casas. Esas viaxes xa están chegando á súa fin, pero eses tesouros que trouxeron e traerán, fan e fixeron que descubriramos un montón de cousas dos nosos compañeir@s e as súas familias. 

Grazas



viernes, 3 de marzo de 2017

Festival Entroido

Aquí tedes, unhas fotiños do día do festival. Tedes que desculpar que non sexan moi boas, as présas non nos permitiron facelas como nos tería gustado.

miércoles, 1 de marzo de 2017

Todo o mundo á mesa

Aquí estamos,dando conta desas filloas, atent@s a como se fan e as precaucións que hai que tomar. A verdade é que foron días intensos que pasaron a unha gran velocidade. Pero penso que os desfrutamos.

Filloas

Facer antefaces, maquillarse, bailar e troulear está xenial, pero da unha fame... e aproveitando que no Entroido temos doces ben ricos pois...que tal se facemos unhas filloas? O primeiro día a masa, nesa máquina que nos trae Rocío e, o segundo, á tixola con elas e a degustalas!!! Deixamos un cheiriño polos corredores que lle abrimos o apetito a todo o mundo. Iso si, tamén convidamos.

Maquillaxe

Se un día poñemos antefaces, outro pintamos a cara. A verdade é que son uns profesionais, aguantaron un montón; todo para quedar o mais auténtic@s posible. Temos que agradecer tamén a colaboración de Rocío, que nos axudou moito, pois chegaba a hora de marchar e aínda nos estabamos preparad@s.

Anteface

Pero como non todo ían ser ordes do Meco, nós decidimos facer as nosas cousiñas. Neste caso un anteface que pintamos e decoramos ao noso gusto.


O Meco 4

Ultimo día e última orde. Hoxe tocou traer os ollos decorados, e vaia se viñeron decorados, cada un ao seu gusto. 
 Grazas pola vosa colaboración, pasámolo fenomenal.

O Meco 3

Aquí estamos, no terceiro día e terceira orde do Meco. Desta vez e por iso de que Mik, o noso rato de biblioteca, nos mandou este ano polo mundo, toca traer un sombreiro propio dalgún lugar deste noso planeta.
 Xa soamente nos queda un día!

   

O Meco 2

O segundo día o Meco mandou traer un adorno vexetal e, como poderedes comprobar, cada cual mais orixinal.


O Meco 1

Como comeza o Entroido? Pois, por suposto, cas ordes que da o Meco e que todos e todas debemos seguir. Para este primeiro día toca traer un colar feito a man, e vaia cousas mais bonitas puidemos ver.


Entroido

Xa chega o Entroido e xa nos imos preparando. De novo muda a decoración. O Merdeiro fai da porta o seu lugar, sempre vixiante, e cos vosos antefaces todo listo para comezar este tempo de troula. Que viva o Entroido!!!